Skip to Content

"TU CUERPO ES TUYO"

Esta semana veu cargada de charlas e obradoiros.

Nesta última, Pili explicounos sen prexuízos nen tabúes que o noso corpo é noso. Presentounos o conto "Tu cuerpo es tuyo", de Lucía Serrano, moi recomendable para normalizar o tratamento destes temas e para falar sobre a igualdade e o respecto ás diferenzas, tanto no cole como na casa. 

"TU CUERPO ES TUYO"

Esta semana veu cargada de charlas e obradoiros.

Nesta última, Pili explicounos sen prexuízos nen tabúes que o noso corpo é noso. Presentounos o conto "Tu cuerpo es tuyo", de Lucía Serrano, moi recomendable para normalizar o tratamento destes temas e para falar sobre a igualdade e o respecto ás diferenzas, tanto no cole como na casa. 

O MAR NA ESCOLA

Como ben sabedes, o pasado 18 de Abril desfrutamos dun día espectacular no mar... 

Enviáronnos o seguinte enlace de facebook para poder ver as fotos da cativada... Desfrutade!

 

Mar na escola

Días da hixiene bucodental e da saúde.

Días da hixiene bucodental e da saúde.

Vanesa e Irene, gracias pola vosa visita. A charla foi súper interesante e, mestras incluídas, aprendimos moito sobre a hixiene bucodental. Tamén estamos agradecidos e agradecidas coa farmacia do Pindo, que colaboraron cuns agasaios moi chulos e útiles.

 

 

DIA DO LIBRO

Co gallo do Día do Libro (23 de Abril), no cole decidimos celebralo ao grande adicando unha semana chea de actividades nas que os nenos, nenas e profes imos a mergullarnos no mar dos libros e os contos. Entre outras propostas imos a contar cun expositor dos novos libros do cole e teremos sesións diarias de contacontos onde os nenos e nenas serán os protagonistas.

Aquí vos deixamos tamén fotos dos maiores do cole lendo o conto "Si, somos raros" aos nenos de infantil

 

Visita de Augas de Galicia

Augas de Galicia estivo hoxe no cole impartindo uns obradoiros moi interesantes sobre os nosos ríos, as vantaxes e desvantaxes das inundacións e qué medidas debemos adoitar para a prevención de riscos nas zonas máis sensibles a estas inundacións.

Foi moi ameno e todos desfrutamos como verdadeiros científicos e científicas.

 

Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades como o pasamos...

 

Semana do libro

Nova mesa de luz en Infantil!

Os nosos cativos de Educación Infantil están probando a nova mesa luz de adquirida polo centro.

 

Están sendo días de novos descubrimentos e de nova diversión!

 

Aquí vos deixamos unhas fotiños dalgún dos momentos de experimentación:

PARABÉNS, LARA!

Hoxe Lara chegou ás 5 voltas ao sol!

Para celebralo, trouxo un biscoito que estaba de bandeira! Non quedou nin a proba!

 

Aquí vos deixamos algunha fotiño do evento!

PARABÉNS, YAGO!

Hoxe foi Yago o que estivo de aniversario!

 

Dende o CEIP o Pindo felicitámolo por eses 12 anos!! Que os cumpras feliz!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut