Skip to Content
A educación pode transformar a sociedade

Finalistas e gañadores das postais de Nadal

Postais de Nadal

Notas e 1º trimestre

Estimadas familias:

 

O martes 22 de decembro ás 12:00 publicaranse as notas a través de Abalar. Este ano NON irán impresas. Se algunha familia tivese algún problema e non poidese acceder a elas, rogamos comuníquenllo ao titor/a.

 

Recordamos tamén que o último día de clase será o martes 22 de decembro. As clases retomaranse o venres 8 de xaneiro.

 

Desde o centro desexamos un bo Nadal a tod@s.

 

Un saúdo.

 

O equipo directivo.

 

Recomendación para o Nadal

Achégase o Nadal, tempo de gozo en familia.
Nestas datas as nenas e os nenos reciben agasallos que agardan con moita ilusión.
Dende o cole invitámosvos a que o agasallo máis grande de todos este ano sexa o TEMPO COMPARTIDO EN FAMILIA.

Un xeito divertido de compartir momentos en familia é cos xogos de mesa. Por este motivo vos deixamos unha selección de xogos que, ademáis de facernos pasar un bo ratiño, estimulan diferentes aprendizaxes.

Pasade unhas moi boas festas!

  

Gañadores do concurso de Samaín

Menú decembro

Na imaxe podedes consultar o menú do comedor do mes de decembro.

Manexo na Aula Virtual

O equipo TIC está preparando uns vídeos explicativos de como manexar a aula virtual. Para poder ver este curso tedes que entrar na aula virtual como CONVIDADOS. Non precisades contrasinal.

Unha vez dentro da Aula Virtual tedes que ir ao curso AULA VIRTUAL e pinchar aí. Tedes unha pestaña que se chama información, onde hai un vídeo sobre a aula e un cuestionario. O cuestionario é moi importante así que pedimos que o contestedes cando poidades.

Moitas gracias pola vosa colaboración.

25N Dia conta á violencia de xénero

Hoxe é o día contra a violencia de xénero. Aquí tedes un vídeo sobre a actividade realizada no centro.

Cadelar

Durante 5 sesións puidemos gozar no centro da presenza de Cadelar poñendo en marcha as intervencións asistidas con animais. Un curso máis, Nuba puño as súas patiñas no CEIP Eduardo Pondal para ensinar e acompañar ao noso alumnado.

Grazas a Aloumiños por facer posible que Cadelar estivese de noso no noso cole.

Lectura de contos por 6° E.P.

Durante a semana de Samaín os nenos e nenas de 6° E.P. prepararon varias lecturas de contos. Para que todos poidamos disfrutar deles deixámosvos aquí abaixo os seus vídeos. Premede nas imaxes para ir a cada conto. Esperamos que vos gusten!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut