Skip to Content
A educación pode transformar a sociedade

Fin de curso

Emocións

Ser conscientes das emocións, de como nos sentimos é importante para autocoñecernos, saber reaccionar en diversas situacións... Por iso esta semana Angela envía unha proposta de actividades e xogos que  os nenos e nenas poden facer na casa e cos amigos ou a familia. Para algúns tamén van adxuntos os materiais necesarios.

Memoria e atención

A memoria e a atención son moi importantes á hora de estudar, aprender e estar na clase. Por iso esta semana Angela envía unha presentación (tamén en pdf, se a queren descargar) con pequenos xogos para practicar ambas. 

A CAIXA DOS MIMOS

Seguimos traballando as emocións, neste caso o afecto, así que déixovos unha proposta moi cariñosa.

LANZA OS DADOS E MÓVETE

"Lanza os dados e móvete" é unha das novas propostas de psico.

Espero que o pasedes ben xogando!

Reto lingüístico

Esta semana Ángela enviavos un reto lingüístico. Tedes que ler moi atentamente o texto para conseguir a clave que vos axude a gañar a este virus

Axudas para material e libros de texto para o próximo curso

A partir de mañá comeza o prazo para presentar as solicitudes para a axuda de material e libros de texto. Tedes na infografía toda a información e a ligazón ao DOG aquí. Tedes a solicitude en adxunto para descargar.

Reto matemático

Seguindo o traballado do Refoza-T, Ángela achega este reto matemático. Probade a ver se sodes quen de superalo!

AS PITAS BAIXO A CHOIVA.

Aquí vos deixamos o conto máis fermoso de Carvalho Calero: "As pitas baixo a choiva".

Se premedes na imaxe atoparedes, ademais do propio conto, cancións e diversas actividades!

Desfrutádeo!!

PASAPAPALABRA: Ricardo Carvahlo Calero

Lémbraste do Pasapalabra sobre Rosalía de Castro????

Pois hoxe propoñémosche un sobre Carvalho Calero. 

Preme na imaxe para comezar!!

Distribuir contido


by Dr. Radut