Skip to Content
A educación pode transformar a sociedade

Lectura de contos por 6° E.P.

Durante a semana de Samaín os nenos e nenas de 6° E.P. prepararon varias lecturas de contos. Para que todos poidamos disfrutar deles deixámosvos aquí abaixo os seus vídeos. Premede nas imaxes para ir a cada conto. Esperamos que vos gusten!

 

 

Axudas máscaras

A Consellería de Educación ven de publicar unha orden para a distribución de máscaras para o alumnado. Tedes o documento completo aquí.

Estas axudas sólo se aplican ao alumnado de Educación Primaria. Os criterios son os mesmos que se aplican para recibir as axudas material escolar. Se recibíchedes a axuda non tedes que presentar ningunha solicitude. 

Se algunha familia non presentou a solicitude para a axuda de material escolar e considera que cumple os requisitos para recibir as máscaras que se poña en contacto coa secretaria do centro.

 

Aula virtual

Deixamos aquí un vídeo titorial sobre o uso da aula virtual do centro elaborado polo Equipo Tic.

Comedor novembro

Programacións curso 2020/2021

 

Aloumiños

Concurso Samaín

A biblo do cole propón un concurso ben terrorífico para Samaín. Se premedes na imaxe tedes toda a información!

Actividades extraescolares

Como xa saberedes a vindeira semana comezan as actividades extraescolares do Concello. Un par de recordatorios:

O alumnado que desexe utilizar a biblioteca do centro para despois acudir ás actividades debe traer a autorización que se adxunta nesta entrada.

O alumnado usuario do comedor que vai ás actividades ás 15:30 dende o centro debe notificar ao seu titor/a mediante abalar que vai facer uso deste servizo.

O alumnado que vai ao Edificio das Escolas a judo ou a arte debe traer asinado a autorización para poder sair do centro acompañado dun mestre.

Para calquera dúbida podedes contactar con nós por teléfono ou por correo electrónico.

Horario de Dirección

Aquí tedes o horario de atención do equipo directivo.

 

 

Menú outubro

Premendo na imaxe tedes o menú do comedor do mes de outubro. 

Distribuir contido


by Dr. Radut