ABERTO O PRAZO PARA REALIZAR A INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE DE BIBLIOTECA PARA O CURSO 2023/2024

Do 1 ao 11 de setembro (ambos inclusive) queda aberto o prazo para realizar a inscrición na actividade de biblioteca para o alumnado matriculado no centro mediante a cumplimentación da solicitude e a entrega na Secretaría do centro en horario de 9:30 a 12:00.

IMPRESO: descargar aquí ou solicitalo na conserxería do centro sen cita previa dende o día 1 de setembro.

A actividade de biblioteca comezará o 14 de setembro.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2023/2024

Publícase con data do 13 de xullo a resolución definitiva das axudas para material e libros de texto para Educación Primaria, do curso 2023-2024

As listaxes definitivas consultaranse presencialmente no centro nos taboleiros situados na entrada da  CONSERXERÍA.  Horario de 9.30 a 12.30.

Os vales recolleranse na Secretaría do centro en horario de 9.30 a 12.30. A persoa solicitante será a que ten que recoller o vale ou/e o cheque previa presentación do DNI/NIE. De non poder acudir, autorizará a outra persoa para facelo. As quendas preferiblemente serán as seguintes:

- Luns 17 de xullo. 1º e 2º de Primaria

- Martes 18 de xullo. 3º e 4º de Primaria

- Mércores 19 de xullo. 5º e 6º de Primaria

 Poderanse recoller os vales dos irmáns no mesmo día. 

 

Os libros de 3º e 4º serán entregados unha vez comece o curso a través das/dos titoras/es.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2023/2024

 

Publicase con data de 10 de xullo a resolución provisional das axudas para material e libros de texto para Educación Primaria, do curso 2023-24.

As listaxes provisionais deben consultarse presencialmente no centro nos taboleiros situados na entrada da  CONSERXERÍA.  Horario de 9.30 a 12.30.

 

Non é posible publicar os resultados na web do centro por estar así indicado na Orde que regula a convocatoria das axudas.

Así mesmo, as persoas que tramitaron a solicitude de forma telemática, poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital. 

Para o alumnado de 3º e 4º de Primaria, coñecerán o nº de libros que se lles concede. Na resolución definitiva poderán comprobar os libros (materias) que se lles adxudican.

Alumnado de 5º e 6º de Primaria: ao ter concedido o proxecto Edixgal (libro dixital) a aplicación desactiva automáticamente o préstamo de libros. As axudas solicitadas para material continúan sendo válidas.

Os vales recolleranse na Secretaría do centro en horario de 9.30 a 12.30. A persoa solicitante será a que ten que recoller o vale ou/e o cheque previa presentación do DNI/NIE. De non poder acudir, autorizará a outra persoa para facelo. As quendas preferiblemente serán as seguintes:

- Luns 17 de xullo. 1º e 2º de Primaria

- Martes 18 de xullo. 3º e 4º de Primaria

- Mércores 19 de xullo. 5º e 6º de Primaria

 Poderanse recoller os vales dos irmáns no mesmo día. 

Os libros de 3º e 4º serán entregados unha vez comece o curso a través das/dos titoras/es.

 

Para posibles reclamacións e correccións, dispoñen ata o día 12 de xullo, en horario de secretaría (09:30 a 12:30). Unha vez rematado este prazo informaremos na web da publicación da resolución definitiva.

REUNIÓN INFORMATIVA FAMLIAS DE NOVO INGRESO. CURSO 2023-2024

O luns día 26 de xuño ás 16.30 horas no auditorio do Centro Cívico de Arteixo terá lugar a reunión informativa para as famlias do alumnado novo no centro. Duración aproximada: unha hora. 

 

MATRÍCULA ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN CURSO 2023-2024

MATRÍCULA ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN CURSO 2023-2024

PRAZO: 

  • 20 ao 30 de xuño de 2023, ambos inclusive. Horario de administración será de 9.30 a 12.30. Sen cita previa
  • Poden descargar aquí o impreso ou recollelo na administración do centro.
  • Se solicitan Comedor Escolar, deben tramitalo coa ANPA do Centro. Abrir contacto.
  • Se solicitan Transporte Escolar, podedes recoller o impreso no centro. 

 

 

IMPORTANTE: Unha vez feita a matrícula, deberán descargar a aplicación AbalarMobil, nos seus terminais (co número de teléfono de facilitado no momento da matrícula)  para recibir comunicacións relacionadas co alumnado e co centro.

Lembramos que o alumnado que xa está actualmente no centro NON debe realizar ningún trámite de matrícula.

LISTADO LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

Bos días, achégase o listado de libros de texto para o curso 2023-2024.

 

RELACIÓN DE LIBROS PARA O CURSO 2023/2024

CEIP PONTE DOS BROZOS

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3º ANOS)Non hai libros

5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (4 ANOS)Non hai libros

6º DE EDUCACIÓN INFANTIL (5 ANOS)Non hai libros

1º NIVEL EDUCACIÓN PRIMARIA.

Matemáticas: Comunidad Zoom. Vicens VivesISBN 978-84-682-8099-8

Lingua Galega: Construíndo mundos (1-1), Obradoiro Santillana ISBN 978-84-9185-399-2

Construíndo mundos (1-2), Obradoiro Santillana ISBN 978-84-9185-532-3

Lectoescritura Edelvives Fanfest: ISBN 9788414049488

L. Inglesa: ALL ABOUT US NOW 1  Class Bookwith Digital Book. ISBN 9780194074223

2º NIVEL EDUCACIÓN PRIMARIA

MatemáticasComunidade Zoom, Vicens Vives. ISBN: 978-84-682-9184-0 NON MERCAR ATA FALAR COA TITORA

Lingua GalegaConstruíndo mundos, Obradoiro Santillana ISBN:978-84-9185-675-7 NON MERCAR ATA FALAR COA TITORA

L. InglesaALL ABOUT US NOW 2  Class Book with Digital Book. ISBN  9780194074438

3º NIVEL EDUCACIÓN PRIMARIA

Matemáticas: Cuadernos (3.1, 3.2, 3.3) Practica Mat Comunidad Zoom. Vicens Vives. ISBN 9788468281025 NON MERCAR ATA FALAR COA TITORA

Lingua Galega: Lingua 3 Ed.Primaria. Tecelingua. Edicións Xerais. ISBN 9788411100205 NON MERCAR ATA FALAR COA TITORA

- Caderno do alumno. Lingua 3. Tecelingua. Edicións Xerais. ISBN 9788411100229NON MERCAR ATA FALAR COA TITORA

Lengua Castellana: NON MERCAR ATA FALAR COA TITORA  Cuadernos (1o, 2o Y 3o trimestre) Lengua Castellana. Proyecto Construyendo mundos. Santillana

Cuaderno 1o trim: ISBN 9788468077451

Cuaderno 2o trim: ISBN 9788468077437

Cuaderno 3o trim: ISBN 9788468077468

Ciencias da Natureza: Ciencias da Natureza 3 Comunidade Zoom. Vicens Vives. ISBN 978846828533 NON MERCAR ATA FALAR COA TITORA

Ciencias Sociais: Ciencias Sociais 3. Comunidade Zoom. Vicens Vives. ISBN 9788468285375 NON MERCAR ATA FALAR COA TITORA

L. Inglesa:  ALL ABOUT US NOW  Class Book with Digital Book. ISBN 9780194074650Activity Book ALK with Digital Book  ISBN 9780194073844

4º NIVEL EDUCACIÓN PRIMARIA

C. Naturais: Libro Comunidad ZOOM Natureza 4 ed. VICENS VIVES. ISBN: 9788468292502

C. Sociais:Libro Comunidad ZOOM  Sociais 4 ed. VICENS VIVES. ISBN: 9788468292533

L. Galega: Libro Comunidad ZOOM Lingua 4 (4.1,4.2, 4.3) ed. VICENS VIVES. ISBN: 9788468292885

L. Castellana: Cuaderno Comunidad ZOOM  Practica Lengua 4 (4.1, 4.2, 4.3) ed. VICENS VIVES. ISBN: 9788468292045

MatemáticasCuaderno Comunidad ZOOM Practicamat 4  (4.1, 4.2, 4.3) ed. VICENS VIVES. ISBN: 9788468292014

L. Inglesa:  ALL ABOUT US  Class Book with Digital Book. ISBN 9780194074803 ALL ABOUT US  NOW  4Activity Book ALK with Digital Book  ISBN 9780194073905 

 

5º NIVEL EDUCACIÓN PRIMARIA.

PROXECTO EDIXGAL.

L. InglesaALL ABOUT US NOW 5Activity Book+ ALK with Digital Book ISBN 9780194073967

 

6º NIVEL EDUCACIÓN PRIMARIA

PROXECTO EDIXGAL.

L. Inglesa:ALL ABOUT US NOW 6 Activity Book + ALK with Digital Book ISBN 9780194074025 

 

pdf adxunto. - LISTADO LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2023/2024. Educación Primaria.

PRAZO: dende o luns 22 de maio ate o mércores 21 de xuño (inclusive)

 

PRESENTACIÓN: 

- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Abrir enlace  e acceder coa Chave365. 
- Opcionalmente, poderanse entregar as solicitudes presencialmente no centro.

Entrega presencial de 9.30 a 12.00 horas SEN CITA PREVIA na Secretaría do centro.

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

 

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar. Deben asinar todos os membros da unidade familiar, menos a persoa solicitante. En caso de que sexa menor de idade, firma un dos proxenitores)

 

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais da copia do libro de familia, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. (Coa custodia compartida deben asinar os dous proxenitores)

 

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

 

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

 

e ) No caso de que o pai e nai carezan de DNI ou NIE ou, no caso de non ter libro de familia: Certificado ou volante de convivencia onde figuren os membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2021.

 

f) No caso de non poder acreditar a unidade familiar con ningún dos documentos sinalados anteriormente, haberá que aportar un certificado ou volante de convivencia onde figuren os membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2021.

 

Agradecemos que revisen toda a documentación e sinaturas antes de entregar a solicitude no centro. 

 

Imprimir anexo I e anexo II aqui ou, poden recollerse na Secretaría do centro.

 

CALENDARIO DE PRAZOS

  • Entrega de documentación: ate o 21 de xuño (inclusive)

  • Resolución provisional: 12 de xullo. Informaremos nesta web e Telegram.

  • Período de reclamación:os dous días seguintes á publicación.

  • Resolución definitiva: 26 de xullo. Informaremos nesta web e Telegram.

 Tanto os vales concedidos como os libros de texto de préstamo serán entregados no mes de Setembro (Informarase nesta web e na canle de Telegram do colexio)

 

ACLARACIÓNS

Distribuir contido