PUBLICACIÓN BOLSAS NEAE

Publicación no BOE das bolsas:

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2023-12318

Acceso á solicitude online:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

Como solicitala:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

 

Destinatario:

 

Estudos

Discapacidade

Trastorno grave da comunicación ou da Comunicación e da linguaxe

Trastorno do Espectro Autista

Altas capacidades

Educación Infantil

SI

SI

SI

NON

Educación Primaria

SI

SI

SI

SI

 

Instrucións:

Todo o proceso da solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do MEC e FP. Unha vez cuberto, terán que imprilo formulario de solicitude (un PDF) e presentalo no centro educativo no que vai a estudar antes do día que remate o prazo. A bolsa debe solicitarse on-line a través de:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

 

Rexistrarse:

É necesario un usuario e un contrasinal.

✔ Se está rexistrado previamente para calquera outro trámite neste Ministerio, a conta segue sendo válida.

✔ Se nunca estivo rexistrado, clicar en «Rexístrese».

Pódese acceder á solicitude de bolsa de dúas formas:

✔ Con Cl@ve ou certificado electrónico. Se se accede desta forma, haberá que ter todos os certificados (xerarachos a aplicación ao terminar de encher a solicitude) cubertos e asinados por quen corresponda e presentalos, mediante a aplicación, escaneados, antes do 20 de setembro.

✔ Mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que xa se rexistrachou na sede electrónica. Se se accede desta forma, bastará con que se cubra a solicitude, imprimas o PDF que se xera e preséntelo no colexio antes do 20 de setembro. Neste PDF xa están os certificados que se necesitan.

Cubrir a solicitude:

Ler con calma as instrucións.

✔ Cando se remate de introducir todos os datos no formulario, aparecederán as instrucións para imprimir a solicitude e os certificados nun ficheiro en formato PDF.

No PDF aparecerá a solicitude e os certificados, que servirán para xustificar que se reúnen os requisitos para recibir a axuda. Tamén se deberán imprimir e presentalos no colexio antes do 20 de setembro.

Unha vez impresa a solicitude, será asinada pai, nai ou titor.

Tamén deben asinar a solicitude todos os membros da unidade familiar que sexan maiores de 18 anos para autorizar á Administración Tributaria a obter os datos económicos necesarios.

Unha vez asinada a solicitude, hai que presentala, xunto cos certificados, no centro onde se vaia matricular NO CURSO 2023/24

Ademais da solicitude e os certificados, á hora de presentala no centro é necesario adxuntar a seguinte información:

- Copia do DNI de todos os membros computables da unidade familiar

- Certificado de titularidade ou cotitularidade da conta corriente onde figure o solicitante da bolsa.

- Certificado de padrón colectivo dos membros da unidade familiar.

✔ É imprescindible presentar todo antes de que acabe o prazo, no centro educativo no que se está matriculado no curso 2023/24

 

✔ É importante conservar o xustificante que devolverán no centro, servirá, para xustificar que se presentou a solicitude.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

Publicamos no dia de hoxe, a resolución definitiva de novo alumnado admitido e non admitido para o curso 2023-2024.

 

Non houbo variacións con respecto ás listaxes provisionais  

 

A formalización de matrícula será do martes 20 ata o venres 30 de xuño, ambos inclusive.

Publicaremos no mes de xuño,  toda a información da matrícula nesta mesma web.

Convocatoria de folga indefinida de transporte

Ante a convocatoria de folga no sector do transporte de viaxeiros por estrada a partir do 8 de maio inclusive,  informamos da posibilidade de que os servizos que habitualmente se prestan de transporte escolar, non poidan prestarse, ou non poidan prestarse con normalidade ou na súa totalidade, polo motivo indicado, alleno á nosa vontade. 

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS. CURSO 2023-2024

Con data 25 de abril de 2023, informamos da publicación da Resolución provisional de alumnado admitido para o curso 2023-2024. Poden consultarse as listaxes provisionais das solicitudes presentadas  no taboleiro de anuncios no interior do edificio do pavillón administrativo.

 

Todas as solicitudes presentadas foron admitidas.

 

Prazo de reclamacións: 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte da súa publicación.

Lugar: secretaría de 09:30 a 12:30 

 

Resolución definitiva: publicarase o 15 de maio.

 

FOLGA NO TRANSPORTE

A empresa que presta o servizo de transporte escolar no centro INFORMA:

Ante a convocatoria de folga no sector do transporte para os días 27 e 28 de abril (que pode continuar a partir do 8 de maio inclusive), lles informamos da posibilidade de que os servizos de transporte escolar, non poidan prestarse, ou non poidan prestarse con normalidade ou na súa totalidade, polo motivo indicado.

SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 23-24

Prazo: Do 24 de abril ao 19 de maio (ambos inclusive)

Lugar: Na secretaría do centro de 9:30 a 12:30 ou  por mail ao enderezo administracion@pontedosbrozos.gal

SOLICITANTES:

Alumnado que xa está no centro e é USUARIO LEXÍTIMO (domicilio a máis de 2 km.) durante o curso 2022/2023: NON teñen que facer nova solicitude.

Alumnado que xa está no centro e é USUARIO EXCEPCIONAL durante o curso 2022/2023: SI teñen que facer unha nova solicitude para o curso 2023/2024

Alumnado que xa está no centro, non usa transporte neste curso, e quere facer uso do transporte, tanto excepcional como lexítimo, para o seguinte cursSI teñen que facer unha nova solicitude para o curso 2023/2024

 Alumnado de nova incorporación ao sevizo de transporte ou alumnado que necesite cambiar de paradaSI teñen que facer unha nova solicitude para o curso 2023/2024

Alumnado NOVO no centrorealizará a solicitude no momento da matrícula.

Os usuarios que causen baixa para o curso 2023/2024 deberán comunicalo na Secretaría ANTES do 21 de xuño.

DOCUMENTOS A PRESENTAR COAS SOLICITUDES: Impreso. Poden descargalo aquí : usuarios excepcionais ou usuarios lexítimos,  ou solicitalo na secretaría do colexio.

FOLGA DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR CARRETERA EN GALICIA

Estimadas familias,  achegamos a información da que dispoñemos sobre a folga de transportes.

Ante la convocatoria de huelga en el sector para el próximo viernes día 31, les informamos de la posibilidad de que los servicios que habitualmente les prestamos, no puedan prestarse, o no puedan prestarse con normalidad o en su totalidad, por el motivo indicado, ajeno a nuestra voluntad.

 

Rogamos difundan la presente a los usuarios, a fin minimizar en lo posible los trastornos a los mismos.

 

Un saúdo

Distribuir contido