Secretaría

Axuda Máscaras Educación Primaria.

Venres 11 de Decembro.

 

Publicada a Resolución Definitiva, comunicamos dende a Secretaría do centro: 

 

1) O alumnado de Primaria beneficiario recibirá 5 máscaras reutilizables para os 125 días lectivos restantes. 

As máscaras veñen en sobres individuais nos que xa figura a certificación e instruccións de lavado.

 

2) As máscaras serán recollidas por un dos proxenitores idéntificándose con DNI/NIE para asinar a súa retirada.

De non poder asistir, pódese autorizar a outra persoa. Deixamos un modelo de autorización.

Ver autorización

 

3) O reparto será do seguinte modo, organizado por cursos. Non é preciso pedir cita previa pero si respetar ao máximo as franxas horarias así como as medidas de seguridade. 

De non poder asistir, buscaremos outras datas unha vez rematado o reparto que adxuntamos a continuación:

 

Ver reparto

 

 

RESOLUCION PROVISIONAL DA AXUDA DE MASCARAS PARA EDUCACION PRIMARIA.

 

 

Luns 30 de novembro de 2020.

 

Rematado o prazo de presentación de novas solicitudes para a axuda de máscaras, publícase a Resolución Provisional de Admitidos e excluídos.

Consulta ata o martes día 1 de decembro na secretaría do centro en horario de 09:30 a 12:00.

 

Lembramos que as familias que obtiveron o vale de material escolar, xa teñen concedida a axuda.

 

Publicaremos o dia 2 de decembro nesta web a organización da entrega de máscaras no centro.

Calendario Escolar

Actualizamos o calendario escolar do curso 2020-21 co día non lectivo solicitado polo centro, que será o luns 3 de maio.

 

Abrir Calendario

 

Participación no procedemento de distribución de máscaras.

Venres 13 de novembro de 2020 

Participación no procedemento de distribución de máscaras.

 

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Enlace ao DOG

 

DESTINATARIOS/AS: Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

 

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado de primaria beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. A concesión das máscaras é automática. Informaremos da xestión da entrega das mesmas na web.

 

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado de primaria que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. (Datos da renda e familiares do ano 2018)

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

1) Descargar o formulario

2) Documentación a entregar

3) Prazo e forma de presentación

 

  • A solicitude será única para os fillos/-as matriculados en educación primaria. 

 

  • Presentación no centro (non hai outras opcións posibles)

 

  • Informaremos na web da publicación da resolución provisional, a consulta terá que ser presencial. Non nos permiten poñela na web nin en outros espazos dixitais.

 

CASO POSITIVO ENTRE O ALUMNADO

Estimadas familias:

 

Ante a noticia nos medios de comunicación da confirmación dun caso positivo en COVID-19 no noso centro, informamos:

O alumnado do grupo considerado contacto directo co positivo xa foi contactado pola Consellería de Sanidade, que lle informou dos pasos a seguir e o citou para a realización da PCR correspondente.

O mesmo aconteceu co profesorado que estivo en contacto con ese grupo.

Estamos atentos á evolución e continuamos cumplindo coas normas establecidas no protocolo publicado pola Consellería de Educación. Grazas pola súa permanente colaboración.

PUBLICACIÓN DA SEGUNDA AVALIACIÓN NA APP DE ABALAR

En cumprimento das instrucións dadas pola Consellería de Educación o día 27 de marzo a tódolos centros educativos da comunidade, comunicamos que o VENRES día 3 de abril, ás 12:00 horas, publicaranse os boletíns de notas do 2º trimestre na aplicación ABALARMÓBIL. Lembrade que para poder descargar a aplicación é necesario que coincida o número de teléfono que figura no XADE co número en uso do dispositico onde se desexe aloxar a aplicación. Adxúntase o arquivo co manual de instalación e outro co manual de uso.

No caso de que non esteades seguros de que o número de teléfono do XADE sexa o que tedes actualmente en uso, poñédevos en contacto co titor/a correspondente. Grazas.

 

GUÍA ABALAR MÓVIL PARA FAMILIAS

 DÍPTICO ABALAR MÓVIL FAMILAIS

Distribuir contido