Actividades

UN LIBRO POR AGASALLO 2022

COMO CADA ANO E ANTES DE REMATAR ESTE 2022 QUEREMOS PRESENTARVOS ALGÚNS LIBROS QUE PODERÁN SERVIR DE AXUDA A PAPÁ NOEL OU AOS REIS MAGOS COS AGASALLOS DESTE NADAL. 

MAGOSTO 2022

Despois do Samaín non podíamos deixar de festexar o Outono achegando O Magosto ata o CEIP Plurilingüe Ponte de Xuvia.

Así que un ano máis preparamos uns curiosos cucuruchos con material reciclado e comimos as castañas asadas que tanto nos gustan.

Aquí vos deixamos un vídeo para compartir esta rica e divertida xornada!

Magosto 2022

SAMAÍN E TALLER DE CABAZAS

DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, QUEREMOS AGRADECER Á TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA: PAIS, NAIS, AVÓS, AVOAS, NENOS E NENAS, MESTRES E MESTRAS, A MARCO E CONCHI, A ANPA, ASÍ COMO A O CONCELLO DE NARÓN, A SÚA COLABORACIÓN NESTAS DATAS TAN TERRORÍFICAS.

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS, AGARDAMOS QUE VOS GUSTE ESTE BREVE RESUMO DO BEN QUE O PASAMOS DECORANDO AS CABAZAS!!! E MIRADE QUE TERRORÍFICAMNETE GUAPOS E GUAPAS ESTABAMOS PARA CELEBRAR O SAMÍN NO COLE.

 

https://www.canva.com/design/DAFRTgK6HXc/IgMQcw3hm5gbbQ4lpqh3mA/watch?utm_content=DAFRTgK6HXc&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=publishsharelink

LETRAS GALEGAS 2022

O pasado 17 de maio conmemorouse o Día das Letras Galegas e, como non podía ser doutro xeito, celebrámolo tamén no noso colexio. Este ano dedicouse ao escritor Florencio Delgado Gurriarán e no centro decidimos facer uns murais inspirados nalgúns dos poemas que escribiu, relacionados coa nosa terra, as súas paisaxes e as nosas festas tradicionais.

 

Aquí tedes os nosos traballos, así como os poemas nos que nos baseamos para confeccionalos. Esperamos que vos gusten!

 

 

MAIOS 2022!

O apasado xoves chegou “A Festa dos Maios” ao centro e recuperamos a tradición de decorar cos cursos de Infantil, 1º e 2º de Primaria o tradicional maio co que demos a benvida á primavera.

 

Maios 2022

DÍA DO LIBRO

Coma todos os anos, este curso celebramos no centro o Día do Libro. Nesta ocasión as actividades que realizamos para conmemorar esta data foron dúas.

Por unha banda, decoramos e personalizamos uns marcadores que nos servirán cando realicemos o empréstito de libros na biblioteca.

Polo outro lado, escollemos e levamos como agasallo para a casa libros que xa non usamos na biblioteca para darlles unha segunda vida.

Aquí tedes unha mostra do noso traballo. Esperamos que vos guste!

 

 

O MAGO PACO

O pasado 3 e 4 de marzo a maxia chegou ata o noso cole da man do Mago Paco quen a través de dous divertidísimo espectáculos conseguiu facernos viaxar a través dos libros e descubrir os trucos das matemáticas. 

 

ENTROIDO 2022!

Con idea de achegarvos un pouco ás actividades do centro fixémosvos unha proposta de Entroido para que así puidérades desfrutar con nós da divertida tradición do Meco.

Agardamos que vos guste o resultado!

 

Entroido

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA

Como parte do Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) no que participa o noso colexio e coa intención de continuar promovendo os hábitos de actividade física e alimentación saudable decidimos crear un logo que conteña unha mascota e un slogan que nos acompañe ao longo deste percorrido e axude a adoptar estes hábitos máis activos.

Recibimos propostas moi orixinais de todos os cursos e aquí tedes o resultado final. Presentámosvos aquí o noso logo, coa nosa mascota chamada "Lechu" e o slogan "Saúde e benestar, comendo ben e sen para de andar". Esperamos que vos guste e que nos acompañedes durante o desenvolvemento deste proxecto promoverndo connosco estes hábitos saudables.

 

ANIMACIÓN Á LECTURA

O pasado 23 e 24 de Febreiro os nenos e nenas de Infantil e Primaria tiveron a oportunidade de realizar unhas divertidas actividades de animación a través de tres títulos que potenciaron unha vez máis o noso amor polos libros.

Nestas xornadas e da man novamente de Vicky, descubrimos como interpretar os roles de inxeniosos personaxes beneficiándonos de tódolos tesouros que a lectura nos ofrece.

Distribuir contido