Dia da Paz

Día da Paz: Tratámonos ben

Aínda que todo o ano debera ser Día da Paz, o 30 de xaneiro celebrámolo baixo o precioso lema: "Tratámonos ben". Unha frase que debera formar parte de todos os nosos días e de todas as persoas do mundo para conseguir o que tanto queremos, poder VIVIR EN PAZ.

Como parte desta festa, o noso marabilloso profe de música adaptou unha preciosa canción, "A mochila da paz", para que a cantásemos e bailásemos neste día.

Ademais, organizou un fermoso concerto onde deleitamos ao resto da escola coas cancións que estivemos a practicar durante moito tempo.

Pasámolo xenial e disfrutamos máis todavía.

Premendo nas ligazóns podedes ver un vídeo das actuacións dos distintos cursos.

INFANTIL     1º EP         2º EP          3º EP          4º EP            5º EP           6º EP

Día da Paz

O pasado 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz cunha chea de apertas e a nosa propia versión da canción "Por qué no ser amigos" de Hombres G.

 

Día da Paz 2023 de Berta Grueiro

Día da Paz

O noso cole celebrou o día da paz e os alumnos uníronse para crear este superprogramón moi variado sobre a paz, e con moita música. Coidamos que vos guste!!

DÍA DA PAZ 2022

Como cada curso, este ano celebramos o Día da Paz no noso colexio. Nesta ocasión decidimos realizar unha actividade moi orixinal. Decoramos unhas plumas con palabras e ideas que para nós están relacionadas coa Paz e o seu significado. Con esas plumas deseñadas por todas as nenas e nenos e cargadas de respecto e amor creamos unhas ás conxuntas coas que levar sempre connosco esas mensaxes de Paz.

 

Para poder escribilas reflexionamos primeiro acerca do motivo desta conmemoración e da importancia de manter unha convivenvia pacífica a través da lectura de diversos libros propostos polo Equipo de Biblioteca e que nos gustaron moito:

- Salvaje de Emily Hughes.

- Una montaña cualquiera de Fran Pintadera.

- El muro en mitad del libro de Jon Agee.

- O principio de Paula Carballeira.

 

Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades como quedaron as nosas ás. Agardamos que vos guste o noso traballo!

 

 

 

PAZ 2020

PREMENDO NA FOTO PODEDES VER A PRESENTACIÓN.

DÍA DA PAZ 2019

O día 30 de xaneiro o CEIP Ponte de Xuvia conmemora o Día da Paz e, este ano,  fixemos dúas actividades. Na hora de lectura os nenos/as maiores foron contar contos para invitar aos máis pequenos a reflexionar, pois tratan de valores que queremos fomentar en todo o alumnado do centro.

APERTAS QUE VOAN

PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ CANTAMOS E BAILAMOS "APERTAS QUE VOAN" DE PACO NOGUEIRAS E O SEU COÑECIDO BRINCA VAI. ADEMAIS TODOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA PARTICIPAMOS NA ELABORACIÓN DUN MURAL, ONDE ESCRIBIMOS PALABRAS OU FRASES RELACIONADAS COA PAZ. AGORA DECORA A ENTRADA DO CENTRO, ESPERAMOS QUE VOS GUSTE! 

 

 

ENSAIOS DO DÍA DA PAZ 2014

PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA CANTAMOS UNHA CANCIÓN TITULADA "SIYAHAMBA". O MÉRCORES DÍA 29 FIXEMOS UN ENSAIO XERAL PARA QUE AO DÍA SEGUINTE SAISE PERFECTO. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE A PRESENTACIÓN.

DÍA DA PAZ 2014

ESTE ANO OS NENOS E NENAS DO CEIP PONTE DE XUVIA ADICAMOS Á PERSOA DE NELSON MANDELA FALECIDO RECENTEMENTE.

OS ALUMNOS/AS FIXEMOS UN BAILE AFRICANO "SIYAHAMBA".SE PREMEDES NA FOTO PODEREDES VER QUE BEN BAILAMOS.LEMBRADE QUE ANTES DE VER O VIDEO TEDES QUE ACCEDER A AULA VIRTUAL CO VOSO NOME DE USUARIO E CONTRASINAL.

Distribuir contido