Inglés EP

STORYTELLING Y6

Os nenos e nenas de 6º de EP fixemos unha actividade moi divertida: contar contos en inglés! A clase dividiuse en grupos e a cada grupo asignóuselle un curso dos máis pequenos do cole (4º, 5º e 6º EI, 1º e 2º EP) e un libro axeitado á súa idade. Grazas a esta actividade, tanto nós como eles e elas aprendemos moito inglés e pasámolo xenial. Nithin axudounos practicando moito cada venres.

 

Se premedes na seguinte imaxe, podedes ver algunhas fotos. 

 

E a continuación un breve texto de dous compoñentes dun deses grupos.

 

“O libro que nos tocou ler ao noso grupo foi "At the zoo". Repartímonos así os papeis:

-Xavi, como narrador

-Lucas, o encargado de ler o texto dos animais do zoo.

-Valeria, como Lizzie (a protagonista).

-Inés, como a nai de Lizzie.

Coa axuda de Nithin (o noso auxiliar de conversa) preparámolo na clase léndoo e interpretándoo varias veces para ter unha lectura máis fluída.  

Finalmente lémoslle o conto á clase de 2º de Primaria.”

 

Inés M., Alex, Antía, Lucas and Iago.

6º EP

Obra de teatro en inglés - Afundación (Ferrol)

   O venres, 19 de xaneiro, os nenos e nenas de 5º e 6º fomos a “Afundación” en Ferrol. Vimos unha obra de teatro en inglés titulada “Trouble in the jungle”.

   A obra foi moi interesante, moi divertida e moi bonita. Tamén ensinaba a respectar a natureza. Os que facían a obra eran só dous actores, moi amables e divertidos e con moita interacción co público. Eles interpretaban a tres personaxes e escolleron nenos/as para outros catro.

   Os personaxes eran: Zonia, Donald Dump, Shaman, Junior, Monkey, Toucan and Leopard. O elixido para interpretar o mono foi un rapaz de 6º do noso cole. Aplaudímoslle moito. Por certo, este neno saíu tamén na obra en inglés do curso pasado!

   A obra vai sobre un home rico que quere facer dano na xungla, pero un grupo liderado por unha nativa non lle deixa.

   Gustounos moito a obra e, a pesar de que non sabemos moito inglés, entendíase moi ben.

   Os personaxes favoritos para moitos/as de nós foron Zonia, Junior e Monkey.  A música foi o que menos gustou.

 

   Coa axuda do noso auxiliar de conversa tamén escribimos en inglés unha breve noticia sobre esta saída:


   On 19th of January the students of Y5 and Y6 went to watch a play titled “Trouble in the Jungle” in Ferrol. The play was fun and entertaining, with music, dance and rap songs.

   There were three main protagonists named Donald, Zonia and Shaman. And four volunteers were chosen from the audience to play the role of three animals and Junior. A student from Y6 volunteered to play the role of “Monkey”.

   All the audience joined the characters to sing the songs.

Alumnado de 5º EP

In English Please: " Nithin"

Os alumnos de sexto pasan uns minutos co noso auxiliar de conversa de este ano que ven dende a India, o seu nome é Nithin.

RECURSOS 2º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA

Premer nas imaxes para acceder aos recursos publicados na aula virtual.

1º EP 2º EP
3º EP 4º EP

TEATRO EN INGLÉS - "AFUNDACIÓN FERROL"

O luns, 27 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º EP foi á sede de "Afundación" en Ferrol para ver unha obra de teatro en inglés. A obra foi moi divertida e entendeuse moi ben. Había varios personaxes pero como actores só eran dous... o resto foron voluntarios/as. E un alumno de 5º do noso cole foi un deles (Bruce). Fíxoo moi ben!

O título da obra era "What monster?" e o alumnado de 6º coa axuda de Caroline, a nosa auxiliar de conversa, elaboraron en inglés o seguinte resumo.

 

SUMMARY OF "WHAT MONSTER?"

(By 6th grade)

Beginning

- The campers came to the camp.

- They dressed up in the uniforms.

Middle

- Bruce was strong but scared.

- Bruce dressed up as a penguin.

- The campers went to sleep.

- Pepper and Salt attacked the campers.

- The Monster appeared for the first time.

- Pepper and Salt died.

- Marshmallow was a bird.

Ending

- Chef cooked meat for the Monster.

- The Monster ate the food.

- Ace broke the rules.

- They discovered Roy was the Monster!

I CAN ... (Y2)

No seguinte vídeo os nenos e nenas de 2º falan, en inglés, de diferentes actividades que poden facer.

 

 

Distribuir contido