Nadal

AS 12 BADALADAS NO PONTE DE XUVIA!

Queridas familias,

Antes de dar paso ao novo ano 2024 queremos DESEXARVOS unhas MOI FELICES FESTAS.

 

Agardamos que vos guste este agasallo e que se cumpran todos os nosos desexos!

 

O CEIP Plurilingüe Ponte de Xuvia da as 12 badaladas!

É NADAL NO PONTE DE XUVIA!

Queridas familias,

Antes de rematar este 2022 e dun xeito moi orixinal queremos DESEXARVOS unhas MOI FELICES FESTAS.

 

Agardamos que vos guste a nosa colección de gifts navideños!

 

Postal de Nadal 2022

POSTAIS DE NADAL

O NADAL XA ESTÁ AQUÍ, E COMA TODOS OS ANOS OS NENOS E NEAS DO COLE PONTE DE XUVIA, QUIXERON FELICITAR ÁS FAMILIAS COAS SÚAS POSTAIS NAVIDEÑAS. ESTE ANO ADEMAIS ALGUNHAS POSTAIS FORON ENVIADAS AO CHUF PARA INTENTAR SACAR UN SORRISO A AQUELAS PERSOAS QUE ESTÁN NUNMOMENTO DAS SÚAS VIDAS MÁIS DELICADO...

COMO CADA ANO O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA QUERE AGASALLAR O ESFORZO E TRABALLO TAN BEN FEITO, DE XEITO QUE OS CURSOS DE INFANTIL, 1º, 2º E 4ºA DE PRIMARIA RECIBIRÁN UN LIBRO PARA A SÚA AULA, E OS NENOS E NENAS DE 3º, 4ºB, 5º E 6º DE PRIMARIA PARTICIPARON NO CONCURSO DE POSTAIS. OS NENOS E NENAS PREMIADAS FORON: SABELA, NADIA, MINH E ENMA. NORABOA!!! E A DISFRUTAR DA LECTURA!!!

 

PINCHANDO NA IMAXE PODEREDES VER O PROCESO E RESULTADO DE TANTO TRABALLO. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE :)

 

 

BO NADAL!!!

UN LIBRO POR AGASALLO 2022

COMO CADA ANO E ANTES DE REMATAR ESTE 2022 QUEREMOS PRESENTARVOS ALGÚNS LIBROS QUE PODERÁN SERVIR DE AXUDA A PAPÁ NOEL OU AOS REIS MAGOS COS AGASALLOS DESTE NADAL. 

XA CHEGOU O NADAL!

Queridas familias,

Un ano máis queremos DESEXARVOS unhas MOI FELICES FESTAS dun xeito moi orixinal.

 

Agardamos que vos guste o noso flash mob!

O CEIP Plurilingüe Ponte de Xuvia recibe o nadal 

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Un ano máis celebramos no centro o concurso de postais de Nadal, no que participaron todas as alumnas e alumnos do noso cole aportando creación moi orixinais. Unha vez finalizado, queremos mostrarvos as postais gañadoras deste curso 2021/2022.

 

Infantil, 1ºEP e 2º EP recibiron un libro en galego para toda a clase e desde 3º EP ata 6º EP os premios foron individuais. A lista dos libros é a seguinte:

 

Clase de 3 anos: Non fai falta a voz.

Clase de 4 anos: Daniela Pirata.

Clase de 5 anos: Maruxa.

Clase de 1ºEP: Grazas.

Clase de 2ºEP: Grazas.

3º EP: a postal gañadora en 3º A foi a de Julia e en 3º B, a de Micaela; ambas levaron como agasallo  A bruxa Selana.

4ºEP a postal gañadora foi a de Minh, que levou como agasallo  A avoa gánster.

5ºEP a postal gañadora foi a de María, que levou como agasallo  O asesinato da profesora de xeografía.

6ºEP: a postal gañadora foi a de Andrea, que levou como agasallo Formigas. Misión Camiño de Santiago.

 

No seguinte vídeo podedes ver as postais gañadoras. Esperamos que vos gusten tanto coma a nós!

 

Felices festas para todas e todos!

 

UN LIBRO POR AGASALLO 2021

UN ANO MÁIS QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS A TRAVÉS DA SEGUINTE PRESENTACIÓN ALGUNHAS SUXERENCIAS DE LIBROS DOS QUE PAPÁ NOEL E OS REIS MAGOS PODERÁN VALERSE PARA AGASALLAR ESTE NADAL AOS VOSOS FILLOS E FILLAS.

 

BO NADAL!

Ola familias!

Este ano non quixemos perder a oportunidade de DESEXARVOS unhas FELICES FESTAS co noso "festival" de Nadal.

Que o 2021 veña cargado de cousas boas! 

UN LIBRO POR AGASALLO

A TRAVÉS DA SEGUINTE PRESENTACIÓN QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS ALGUNHAS SUXERENCIAS DE LIBROS EN GALEGO DOS QUE PAPÁ NOEL E OS REIS MAGOS PODERÁN VALERSE PARA AGASALLAR ESTE NADAL AOS VOSOS FILLOS E FILLAS.

NADAL 2019

PREMENDO NA FOTO PODEDES VER A PRESENTACIÓN

Distribuir contido