6º curso

Baloncesto en cadeira de rodas

A profe de educación física convidou ao pai de Mike, un neno de 3 anos, a que nos fixese unha exhibición do deporte ao que se dedica, o baloncesto en cadeira de rodas. unha mostra máis de que ningunha dificultade pode facer que deixemos de perseguir os nosos soños e, sobre todo, un deporte divertido que tivemos a oportunidade de practicar nesta marabillosa actividade.

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo do que aconteceu ese día

Torre humana

As toliñas da clase sempre están a intentar facer o máis difícil do mundo e, nesta ocasión, fixeron unha torre humana que, aínda que lles custou un pouco, conseguiron porque elas son as mellores.

Premendo na imaxe veredes un pequeno vídeo

Marcha ciclista

Coma todos os anos, dende o equipo de educación viaria do concello convidáronnos a participar na volta ciclista, a cal fai xa alguns anos que non se podía celebrar pero que nos encanta!!

O pasamos xenial e, ademais, vimos unha exhibición de calestenia que foi moi interesante e nos axudou a coñecer mellor o parque que temos ao lado da escola.

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo desta actividade

Contacontos en inglés con Caroline

A nosa auxiliar de conversa, Caroline, deleitounos con un conto en inglés na biblioteca que nos encantou a todos. Foi unha nova oportunidade de aprender inglés e, sobre todo, de darnos conta de que entendemos moito máis do que pensamos.

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo desta actividade

Semana do humor

Dende a biblioteca do cole nos propuxeron unha actividade realmente divertida. A semana do humor!! Enchemos o cole de chistes e monólogos realmente divertidos así como unha xornada de risas na biblioteca.

Foi realmente divertido e puidemos amosar as nosas dotes como humoristas.

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo desta actividade.

 

Día do libro

Para celebrar o día do libro, dende a biblioteca do cole nos agasallaron uns lindos libriños para que levemos a casa. Aínda que todos queriamos os mesmos nos fumos ben contentos para casa.

Visita ao clube de atletismo de Narón

O clube de atletismo de Narón convidou ao alumnado de 3º a 6º de primaria a unha actividade na que podían coñecer as distintas modalidades que se practican no atletismo e así amosarlles que este deporte non son só carreiras.

Pasamos unha mañá estupenda e algúns de nós xa estamos pensando en apuntarnos para realizar atletismo polo ben que o pasamos!!

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo desta actividade.

 

Saída en bici ao parque de tormentas

Dende o equipo de educación vial se nos enviou unha invitación para visitar en bici o parque de tormentas de Narón así como o parque de Freixeiro.

No parque de tormentas aprendimos como se tratan as augas residuais antes de devolvelas ao río ou levalas ás depuradoras e, no parque de Freixeiro, fixemos un montón de exercicio ademais de xogar e descansar un pouco.

Ademais, as rutas en bici nos encantan así que o pasamos pipa xunto cos compañeiros e compañeiras de 5º.

Premendo na imaxe veredes un pequeno vídeo desta actividade.

Mural de intercentros

Este ano, para realizar o mural de Intercentros, estudamos a vida de Francisco Fernández del Riego, autor que foi homenaxeado este ano.

Ademais, presentamos a nosa obra de teatro medieval ao concurso e GAÑAMOS!!!! Estamos moi ilusionados xa que nos levou moito traballo e esforzo realizala e pensamos que foi un premio xusto xa que a nosa obra é estupenda!!

Agardamos que vos guste!!

Obra de teatro medieval

Día mundial do autismo

Este ano celebramos no cole o Día mundial do autismo e fixemos un bonito cartel onde se amosa un infinito coas cores do arco da vella, que é o símbolo que os define pola súa diversidade.

Como somos os maiores do centro, nos tocou facer o cartel e o fixemos con moito agarimo.

Agardamos que vos guste!!

 

Distribuir contido