Actividades

23 DE FEBREIRO,DÍA DE ROSALIA

HOXE 23 DE FEBREIRO QUEREMOS FACERLLE UN PEQUENO HOMENAXE A UNHA DAS NOSAS ESCRITORAS MÁIS ILUSTRES,ROSALIA DE CASTRO.OS NENOS E NENAS DE 6º DE PRIMARIA RECITARON O POEMA "FALARES DE AMOR" PARA CELEBRAR O DÍA DO SEU NACEMENTO.

OUTRA ACTIVIDADE QUE REALIZAMOS NAS AULAS FOI A DECORACIÓN DUNHA FLOR ONDE OS SEUS PÉTALOS ESTABAN DECORADOS E CHEOS DE PALABRAS E VERSOS DE POEMAS DE ROSALIA DE CASTRO.

 

Rosalía de Castro

Diseño de maria

DÍA DA PAZ 2022

Como cada curso, este ano celebramos o Día da Paz no noso colexio. Nesta ocasión decidimos realizar unha actividade moi orixinal. Decoramos unhas plumas con palabras e ideas que para nós están relacionadas coa Paz e o seu significado. Con esas plumas deseñadas por todas as nenas e nenos e cargadas de respecto e amor creamos unhas ás conxuntas coas que levar sempre connosco esas mensaxes de Paz.

 

Para poder escribilas reflexionamos primeiro acerca do motivo desta conmemoración e da importancia de manter unha convivenvia pacífica a través da lectura de diversos libros propostos polo Equipo de Biblioteca e que nos gustaron moito:

- Salvaje de Emily Hughes.

- Una montaña cualquiera de Fran Pintadera.

- El muro en mitad del libro de Jon Agee.

- O principio de Paula Carballeira.

 

Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades como quedaron as nosas ás. Agardamos que vos guste o noso traballo!

 

 

 

XA CHEGOU O NADAL!

Queridas familias,

Un ano máis queremos DESEXARVOS unhas MOI FELICES FESTAS dun xeito moi orixinal.

 

Agardamos que vos guste o noso flash mob!

O CEIP Plurilingüe Ponte de Xuvia recibe o nadal 

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Un ano máis celebramos no centro o concurso de postais de Nadal, no que participaron todas as alumnas e alumnos do noso cole aportando creación moi orixinais. Unha vez finalizado, queremos mostrarvos as postais gañadoras deste curso 2021/2022.

 

Infantil, 1ºEP e 2º EP recibiron un libro en galego para toda a clase e desde 3º EP ata 6º EP os premios foron individuais. A lista dos libros é a seguinte:

 

Clase de 3 anos: Non fai falta a voz.

Clase de 4 anos: Daniela Pirata.

Clase de 5 anos: Maruxa.

Clase de 1ºEP: Grazas.

Clase de 2ºEP: Grazas.

3º EP: a postal gañadora en 3º A foi a de Julia e en 3º B, a de Micaela; ambas levaron como agasallo  A bruxa Selana.

4ºEP a postal gañadora foi a de Minh, que levou como agasallo  A avoa gánster.

5ºEP a postal gañadora foi a de María, que levou como agasallo  O asesinato da profesora de xeografía.

6ºEP: a postal gañadora foi a de Andrea, que levou como agasallo Formigas. Misión Camiño de Santiago.

 

No seguinte vídeo podedes ver as postais gañadoras. Esperamos que vos gusten tanto coma a nós!

 

Felices festas para todas e todos!

 

UN LIBRO POR AGASALLO 2021

UN ANO MÁIS QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS A TRAVÉS DA SEGUINTE PRESENTACIÓN ALGUNHAS SUXERENCIAS DE LIBROS DOS QUE PAPÁ NOEL E OS REIS MAGOS PODERÁN VALERSE PARA AGASALLAR ESTE NADAL AOS VOSOS FILLOS E FILLAS.

 

MAGOSTO 2021

Despois das cabazas continuamos dando vida ao Outono celebrando desde o »

SAMAÍN 2021

O equipo de Biblioteca, neste ano 2021, novamente propuxo unha maneira diferente de celebrar o Samaín.

Homenaxe a Xela Arias

Aquí deixámosvos uns poemas de Xela Arias, en concero do seu libro "Dario a diario", recitados por alumnos e alumnas de todos os cursos.

LETRAS GALEGAS 2021

17 Maio Dia das Letras Galegas

Este ano, as nosas letras estiveron dedicada a Xela Arias.

MAIOS 2021

OS MAIOS

Esta festa é unha exhaltación a natureza e celébrase ao comezo da primavera; a súa orixe remóntase ás civilizacións p

Distribuir contido