5º curso

Facemos teatro

Este ano estamos inmersos nun proxecto no que os xogos de mesa son os protagonistas das nosas aprendizaxes e, para traballar o teatro, utilizamos un xogo que se titula "Puro teatro". Nos dividimos en grupos e nos dan unhas indicacións sobre un obxecto que debe saír na obra, unha frase que debe saír na mesma e un lugar. Ademais, algúns dos actores e actrices terán unha dificultade que fará que a obra sexa máis divertida.

De xeito improvisado, cada equipo nos amosará unha divertida obra de teatro que debe seguir as indicacións que lles tocaron.

Premendo na imaxe veredes un pequeno vídeo das marabillosas obras que creamos. Agardamos vos divirtades tanto coma nós.

Entroido 2024

E por fin chegou a festa máis esperada de todo o ano. O ENTROIDO!!!

Esta ano sacamos a nosa faceta máis artística e todo o cole se disfrazou de belas artes. Na nosa clase decidimos ir do que máis nos gusta, a Música. Rapeiros e guitarristas amosaron as súas mellores galas para esta festa tan divertida.

Ademais, coma sempre, o noso esqueleto Manolo nos fixo unha serie de mandadiños moi divertidos e cos que o pasamos xenial!!

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo desta festa.

Actuación do coro da escola

O noso profe de música, Marcos, leva todo o curso montando un coro no que algúns alumnos e alumnas do cole están a disfrutar moito coas cancións que alí aprenden. Pasan os luns no recreo moitas horas a ensaiar e nos ofreceron un precioso concerto no que o noso compi Martín amosounos as súas excelentes dotes de cantante.

Foi unha actividade moi divertida na que, ademais de disfrutar coa música, aprendimos de menús, ortografía ou poemas de Lorca entre outras cousas.

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo desta actuación.

Obradoiro de primeiros auxilios

Como parte da formación que estamos a recibir para as olimpiadas de educación vial, recibimos unha sesión de primeiros auxilios moi divertida na que aprendimos como actuar en caso de emerxencia. Así, aprendimos como salvar a alguén que se está a atragoar, ou que está desmaiado ou que ten unha ferida entre outras cousas.

Esta actividade seranos moi útil cando teñamos diante unha situación accidentada e así saberemos que facer.

O máis importante é seguir o protocolo PAS: Protexer, Alertar e Socorrer.

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo desta actividade.

Día da Paz: Tratámonos ben

Aínda que todo o ano debera ser Día da Paz, o 30 de xaneiro celebrámolo baixo o precioso lema: "Tratámonos ben". Unha frase que debera formar parte de todos os nosos días e de todas as persoas do mundo para conseguir o que tanto queremos, poder VIVIR EN PAZ.

Como parte desta festa, o noso marabillos profe de música adaptou unha preciosa canción, "A mochila da paz", para que a cantásemos e bailásemos neste día.

Ademais, organizou un fermoso concerto onde deleitamos ao resto da escola coas cancións "Carros de fuego" e "Let it be".

Pasámolo xenial e disfrutamos máis todavía.

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo deste día.

E, se queredes ver o resto das actuacións, podedes facelo premendo nas seguintes ligazóns:

INFANTIL     1º EP      2º EP       3º EP      4º EP      6º EP

 

Fundación naturgy: Obradoiro de enerxías renovables

Dende a fundación Naturgy viñeron facer con nós un obradoiro sobre enerxías renovables onde aprendimos moito tanto de como se produce a enerxía, da importancia nas nosas vidas e, sobre todo, como poder utilizar e crear enerxía dun xeito sostible e responsable.

Aprendimos a facer unha bombilla con mina de lápis, vimos unha casa totalmente sostible e coñecimos a diferencia entre as lámpadas antigas e as de led.

Foi unha actividade moi entretida e coa que aprendimos un montón!!

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo deste obradoiro.

Obra de teatro en inglés: HELP

Dende a obra social ABANCA convidáronnos a asistir a unha obra de teatro en inglés en Afundación de Ferrol.

A obra titulábase "Help!" e foi moi divertida!! Gustounos moito e, ademais, nos fixo aprender e bailar un montón. E Alejandro, o compi de 6º, fixo un papel espectacular na obra.

Vos amosamos algunhas imaxes dese día.

 

Xa chegou o Nadal

Por fin chegou o Nadal!! E con el as festas, o calendario, o concurso de postais e o envio de cartas aos que máis queremos, as nosas familias!!

Pero, o máis importante foi que VOLVEU IKER!!! Despois dun trimestre en Francia voltou ao cole para disfrutar con nós un par de días e para ir xuntos ao cine a ver "Teddy, la magia de la navidad".

Foron unhas festas estupendas nas que damos por finalizado un trimestre cheo de emocións e ledicia.

Agardamos que o vindeiro ano sexa mellor ca este se é posible e veña cargado de ilusión e ledicia.

FELICES FESTAS!!

Coma sempre, premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo destes días.

   

 

Día mundial da infancia

O 20 de novembro celebramos no cole o Día Mundial da Infancia e, para visibilizar a sorte que temos, viñemos todos e todas en pixama, indicando así o necesario que é sentirse seguros nun fogar e ver que a escola pode ser a nosa segunda casa.

Ademais, as familias e o alumnado deixaron a súa pegada nun cartel da entrada onde deixaban os seus mellores desexos para a nosa infancia.

Descubrindo o invernadoiro cos pais de Dani e Ketty e con Amelia

O alumnado de 4º e 5º de primaria estamos a traballar moito para sacar adiante o noso precioso xardín e o estupendo invernadoiro que temos na escola. 

Para isto, a familia de Ketty de 4º e Dani de 5º, xunto coa marabillosa Amelia, viñeron á escola darnos moitísimos concellos sobre como traballar no noso invernadoiro e sacarlle o máximo partido. Ademais, trouxeron un montón de plantas para que poidamos ver como van medrando e traballar deste xeito a nosa autonomía.

Sabemos que hai que adicarlle moito tempo e esforzo pero, como nos gusta tanto, o imos facer xenial seguro!!

Moitísimas grazas por vir e por ensinarnos tanto!! Vos agardamos cando queirades!!

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo desta actividade

Distribuir contido