6º curso

Contacontos "O Nicolasiño"

Esta ano o alumnado de 5º e 6º de primaria limos o conto de "O Nicolasiño" na hora de ler. Foi un libro co que nos rimos moito e nos amosou como era a escola antes para poder comparala con como é agora, ademais de facernos pasar moi bos ratos.

Ademais, tivemos unha actividade de contacontos relacionada co libro coa que o pasamos xenial e disfrutamos un montón poñéndonos na pel dos protagonistas do libro.

Foi moi divertido! Premendo na imaxe podedes ver un vídeo dalgúns momentos desta actividade.

Día da muller traballadora

Este ano, para celebrar o día da muller traballadora, o alumnado fixo unha actividade na que tiñan que facer un debuxo de quen a súa superheroina. As mamás foron as máis sinaladas, porque son o mellor que hai nas súas vidas. Nas imaxes podedes ver os debuxos que fixeron e a exposición na escaleira da biblioteca.

Visita ao concello de Narón

Como actividade subvencionada polo concello de Narón, este ano fomos visitar o concello e as súas dependencias. Alí nos explicaron un pouco como funciona o concello, os trámites que alí podemos facer e tivemos unha reunión coa alcaldesa que nos explicou a súa experiencia no cargo, as súas funcións e foi moi amable con nós, contestando a todo o que lle preguntamos.

Esta actividade nos axudou bastante a meternos no mundo da política municipal para así poder saber como implicarnos nela de maiores se estamos interesados.

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo do que fixemos nesta saída.

Visita ao IES Fernando Esquío

Xa somos maiores e o curso que vén imos ao instituto. Como a maioría de nós imos ao IES Fernando Esquío fomos coa profe e a orientadora a visitar o centro para saber o que alí nos agarda a partires de setembro. 

Nos amosaron as distintas dependencias, os patios e nos contaron un pouco o que alí fan: clubes de lectura, escola de rock, olimpiadas culturais...

Saímos bastante contentos e con máis ganas de ir ademais de atoparnos con amigos e antigos alumnos e alumnas do cole.

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo no que se ven certas partes do centro.

Ciencia en inglés

Este ano xa sabemos moito inglés e, incluso, nos atrevemos a facer ciencia, a cal nos encanta, cunha grande rapaza que nos amosou un montón de ciencia e todo en inglés!!

Foi unha actividade na que, ademais de aprender moito, pasámolo xenial e non se nos dá tan mal comunicarnos no idioma que sexa...

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo desta actividade.

What a monster

Dende a área de inglés nos propuxeron asistir á obra de teatro en inglés "What a monster" da compañía On Stage en Afundación en Ferrol. Deste xeito podiamos practicar o noso inglés e ver se eramos capaces de comprender o que alí nos contaban.

O fixemos de marabilla e o entendimos todo bastante ben. Ademais, Alejandro, un compi de 5º, fixo de actor na obra e o pasamos pipa!!

Premendo na imaxe veredes un pequeno vídeo deste día.

Visita de Ramón D. Veiga

Este ano estamos a intentar coñecer xente que nos amose que a cultura é algo do que tamñen podemos vivir. Así, coñecimos a Ramón D. Veiga, un escritor de libros tardío que comezou a súa andaina escribindo libros para a súa querida filla Violeta e que, pocuo a pouco, descubriu que, ademais de editor, escribir tamén pode ser outra das cousas da que podería vivir.

Ademais de contarnos a súa historia, nos falou dalgúns dos seus libros como "Violeta quere ser vampiro", "A araña que lle tiña medo ás arañas" ou os seus comics "Miñoca e pega" e "Miñoca e coello" que foron os que centraron a súa visita.

Por outra banda, nos enseñou como facer un comic, como debuxar distintos estados de aánimo nos personaxes e nos prestou aos seus queridos miñoca e coello para que puidesemos xogar con eles.

Foi unha visita moi entretida e divertida e que nos fixo ver que a literatura é un divertimento ademais dunha aprendizaxe.

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo dese día

Día de Rosalía

Para o día de Rosalía falamos de apertas... Apertas que voan, que miman, que nos fan querer uns aos outros e que nos lembran a importancia de queremos moito. Para isto cada un adicou unha aperta que despois colgamos na árbore das apertas de Rosalía

Premendo na imaxe veredes unhas fotiños dese día e tamén vos deixo a entrada que se fixo dende o cole para esta actividade

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippontedexubia/?q=node/4183

Entroido 2023 - Super elementos

Este Entroido volveu á normalidade e, por fin, puidemos facer o que estabamos afeitos a facer dende hai moitos anos.

Por un lado, creamos os nosos propios desfraces. Este ano decidimos ser Os súper elementos (aire, lume, auga, planta, terra e raio) e deseñamos os nosos escudos tanto de equipo como de cada elemento. Foi moi divertido facelos xuntos na clase.

Ademais, os mandados deste ano nos fixeron ir tres días seguidos ao cole en pixama, o cal nos encanta e ademias imos ben cómodos e quentiños. Tamén tivemos a oportunidade de ir disfrazados libremente da casa e cada un sacou a relucir as súas mellores galas.

E, para rematar, unha súper festa de Entroido na que fixemos o tradicional pasarrúas acompañados das nosas familias e puidemos lucir os nosos traxes, nas bonitos, que facían que fose unha festa de cores. Nesta festa fomos os encargados da música e fixemos un moi bo traballo porque pensamos que todo o mundo desfrutou cos nosos bailes e cancións.

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo destes días.

Plan director: uso responsable das tecnoloxías

No mes de febreiro tivemos a visita de dous membros da policía nacional, dentro do marco do Plan Director, que viñeron á nosa clase para falarmos dun uso responsable das tecnoloxías e nos falaron de conceptos moi importantes como identidade e reputación dixital, como crear contrasinais seguros, as redes sociais e os delitos que se poden cometer usando as tecnoloxías.

Foi unha actividade na que aprendimos moito e que nos fixo reflexionar sobre como usamos as tecnoloxías e como podemos facelo dun xeito seguro.

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo desta actividade

Distribuir contido