1º Ciclo

Obradoiro de Corresponsabilidade 2ª parte

O día 27 de abril volveron visitarmos Belén e Mayte do Concello para ensinarnos a amosar os nosos sentimentos a partires de distintos elementos. E, para rematar, unha enquisa para ver que nos pareceu...

Aquí podedes ver o que fixemos para rematar este Obradoiro. Moitas gracias, chicas!! Foi moi divertido!!

Contos da corresponsabilidade

Na primeira visita de Belén e Mayte os alumnos do 1º ciclo fixemos uns contiños ós que lles puxemos voz.

Os podedes ver aquí debaixo sen voz e descargalos picando nos títulos para poder escoitalos nas vosas casas (para poder velo correctamente hai que ter o Office 2007).

Quen son os extraterrestres?
Poema  da  corresponsabilidade

MAIOS 2012

O día 3 tivemos a oprtunidade de coñecer un pouco máis sobre a festa dos Maios.

 Aprendimos uns pasos de baile e uns ritmos tradicionais, pintamos un pouquiño e finalmente decoramos un maio para a exposición do día 12 no colexio de Piñeiros. Non deixedes de visitala!

Inclúo unha lista de reproducción para que vexades diferentes momentos da sesión. Disfrutade de tódolos vídeos.

 

 

OS MAIOS

O día 3 de Maio desenvolveremos unha unidade didácica sobre OS MAIOS.

Se queres saber algunhas informacións interesantes preme no maio.

 

                    

OBRADOIRO DE CORRESPONSABILIDADE

O día 20 de Abril tivemos a visita de Belén e Maite, dúas rapazas do concello que nos axudaron a saber máis sobre a importancia da corresponsabilidade. Para empezar fixemos unhas actividades plásticas, a continuación grabaron a nosa voz para confecionar un contiño, por último xogamos. O próximo venres 27 voltarán para rematar os traballos.

baile do 1º ciclo

Aquí podedes ver o baile que os alumnos do 1º ciclo fixemos para os nosos compañeiros como parte do proxecto de interculturalidade

E, para unha visita do alcalde de Narón e da Conselleira, volvimos facer os bailes que seguro lles ían gustar. Se queredes velo, podedes picar neste enlace

A nosa cantiga multicultural

Aquí podedes escoitar a cantiga que imos utilizar para o baile do proxecto. Está composta polas dúas cancións escollidas para o proxecto pero un pouco retocadas. Esperamos vos gusten


2:15 minutes (2.06 MB)

cantiga do entroido

Os nenos de 1º e 2º curso de primaria imos cantar e bailar ó ritmo de Fatou Yo, unha canción senegalesa cantada por Faltriqueira, un grande grupo de rapazas galegas. No vídeo podemos ver a canción orixinal.

Ademais tamén imos bailar ó son da música de Oceanía coa canción Epo e Tai, tradicional canción infantil que neste vídeo pode verse coas danzas propias dos aborixes australianos.

 

Distribuir contido