5º curso

Teatro "Hugo"

Dende o concello de Narón nos convidaron outro curso máis a ver unha obra de teatro no Pazo da Cultura.

Nesta ocasión vimos a obra "Hugo" da compañía de teatro Náufragos, que nos amosou máis de preto o mundo do TEA e nos deu a súa versión máis divertida e fermosa.

Foi un pracer velos na escea xa que, ademais de disfrutala, aprendimos moito!!

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo desta obra de teatro.

 

Esfolla

E veña tradicións!! A esfolla é unha festa bastante coñecida na nosa comarca xa que temos a popular festa da esfolla de Doso mais, dentro das que temos na comarca, non é das máis famosas.

Por iso, dende o concello de Narón, enviáronnos a unhas monitoras para que poidamos aprender en que consiste en nos ensinasen a facer uns preciosos boñequiños con maínzo que nos deixaron a todos marabillados.

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo con esta actividade.

Magosto

E seguimos coas tradicións!! Esta vez tocaba celebrar o magosto e papar as ricas castañas que nos trouxo o castañeiro Ramón e que preparou con tanto agarimo para nós.

Como nos encanta estar todos xuntos, esta vez convidamos ás familias a pasar u  ratiño nas aulas e poder así comer xuntos e, de paso, cantar e bailar que nos encanta!!

Pasamos unha mañá estupenda!!!

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo deste día.

Samaín 2023

Por fin chegou o Samaín!! E con el as cabazas, os desfraces, as merendas terroríficas e, como novidade, o noso particular truco e trato, no que o alumnado das distintas clases adicáronse a fastidiarse uns aos outros pero dun xeito divertido.

Os pequenos de 1º nos deixaron a clase chea de arañas e arañeiras e, ademais, deixáronnos sen cadeiras!!! Como vinganza, fomosencher a súa aula de papel hixiénico e lles "rompimos" a pantalla dunha pedrada, ademais de desordearlles todo un pouquiño hehehehe.

Foi un dia moi divertido e o pasamos xenial!!!

Premendo na podedes ver un vídeo desta actividade.

Adiviñas sobre as belas artes

Dende o equipo de EDLG fixéronnos unha proposta sobre adiviñas relacionadas coas belas artes e se nos ocorreron unhas moi chulas que nos divertiron moito.

Agardamos que vos gusten!!

Premendo nesta ligazón podedes ver un vídeo con algunhas delas.

Exhibición de iudo

Como parte do programa Xogade, este curso fixéronnos no cole unha exhibición de iudo na que, ademais de aprender, comprendimos a importancia de saber defenderse e coñecer esta preciosa arte marcial.

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo desta actividade.

Saída a Aldeanova: escape room

O alumnado de 5º e 6º de primaria fomos a Aldeanova a facer un escape room relacionado coa mitoloxía galega e, ademais, fixemos uns estupendos xogos populares que tamén nos axudaron a coñecer a estes seres, sobre todo a un trasno que nos fixo rir moito.

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo deste día.

Arranxamos o estanque

Durante este verán, os operarios do concello nos instalaron un precioso estanque na escola pero, para poder disfrutalo, tiñamos que arranxalo e crear nel un verdadeiro ecosistema onde os animaliños poidan vivir como se merecen.

Para isto, Martín, o noso experto en plantas, tróuxonos unhas plantas aromáticas que puxemos en macetas co seu asesoramento, e unhas plantas acuáticas que actuarán como filtro para que o estanque estea nas mellores condicións posibles. Coma sempre, os nenos e nenas de 4º se uniron á explicación que nos deu Martín sobre as plantas acuáticas e que podedes ver neste vídeo.

Ademais, entre todos e todas arranxamos o chan poñendo malla e pedriñas que fixeron que o estanque quedara moito máis bonito. Aínda falta un pouco de pedra pero esta semana xa o solucionamos!!

Agardamos que vos guste o traballo que fixemos con tanto agarimo!!

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo con algunhas imaxes desta actividade.

Lectura en 1º

Hoxe foi un día moi especial!! Fomos ler aos nenos e nenas de 1º uns libriños moi chulos que nos serviron para divertirnos con eles pero tamén para contestar a unha pregunta que nos fixeron dende o rincón de pensar: Cal é o único mamífero que non pode saltar?

O pasamos xenial e disfrutamos moito cos peques de primaria. Agardamos voltar pronto!!

Premendo aquí podedes ver un pequeno vídeo desta actividade.

 

Cumples de setembro

Despois da sída en bici que mellor que desfrutar duns ricos biscoitos para celebrar os cumples dos nenos que celebran en setembro: Mateo Cerezo, Mateo Fernández, Sergio e Micaela.

Que ricos estaban e que ben nos sentaron despois de tanto exercicio!!

 

Distribuir contido