6º curso

Saídas en bici

Aproveitando que vai sol e que no noso cole confiamos nunha vida saudable e nuns hábitos de vida nos que o deporte e a actividade física son imprescindibles, a mestra de educación física nos pediu durante varias xornadas, que levasemos a bici ao cole para poder desfrutar do noso marabilloso paseo de Xuvia.

O pasamos xenial e, de paso, melloramos a nosa forma física.

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo dos nosos paseos en bici.

 

Visita de Rubén Coca, director de cine

Como parte do proxecto de primeiros auxilios tivemos a sorte de contar co asesoramento de Rubén Coca, un bo amigo da profe Ana que traballa como director de cine, e que nos contou a súa experiencia neste mundo e nos deu algúns consellos para facer as nosas curtas.

Estivemos vendo unha das súas curtas "El fruto del tedio" e falando doutras como "Mínimo común múltiplo" ou "A nena que tiña unha soa orella", todas elas moi distintas pero moi interesantes.

Moitas grazas pola túa visita. Pasamos unha xornada estupenda!!

Día da Paz 2023

Neste Día da paz e da non violencia, o alumnado do cole traballou nunha caixa das apertas que despois encheron de abrazos para todo o cole. Con estas apertas creamos un gran mural que agora podemos desfrutar na entrada.

Ademais, cantamos e bailamos ao son da canción "Por que non ser amigos?" adaptada ao galego polo noso súper profe de música Marcos.

Foi un día estupendo cargado de agarimo e da amizade que desborda na nosa clase.

Premendo na iamxe podedes ver un pequeno vídeo deses días

Reparto de froita e leite

Durante varias semanas, se repartiu no cole para as merendas froita e leite a cargo da Consellería de educación baixo o programa de educación para a saúde. Foron dúas semanas de reparto de froita e catro semanas de raprto de leite.

Así traballamos a importancia dunha alimentación saudable no noso alumnado.

Premendo na imaxe podedes ver unhas fotos desta actividade

Charla de Asotrame

Durante este curso, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibimos unha charla da asociación galega de transplantados de médula ósea ASOTRAME que nos axudou moito a entender a importancia da doazón de médula ósea para pacientes oncohematolóxicos. Unha doazón non tan común como a de sangue pero que salva moitas vidas.

Para esta actividade recibimos a visita de María, a representante de Asotrame que nos explicou todo o relacionado coa asociación e o transplante de médula, e de Juancho, ferrolán e trasplantado de médula hai 12 anos que nos contou a súa experiencia e como a doazón de médula lle axudou a sobrepasar a súa enfermidade.

Foi unha actividade moi interesante e na que aprendemos un montón.

   
   

 

 

Nadal no Ponte de Xuvia

Rematou o trimestre e, con el, chegaron todas as actividades de Nadal. Este ano, nas aulas do cole, apareceron uns lindos elfos e elfas para facernos trasnadas e propoñemos algunhas actividades como foron: o elf-twister, facer encrucillados ou sopas de letras, facer elf-xercicio ao máis puro estilo do polo Norte ou algunhas outras actividades que nos animaron moito o Nadal.

Ademais, celebramos o tradicional concurso de postais que, este ano, tivo como gañadora a Emma!! Tamén se levou a cabo a decoración dos patinetes por parte do equipo de educación viaria do concello grazas ao que o alumnado gañou un menú en McDonalds e, para rematar, fixemos o noso particular fin de ano ao que viñemos todos elegantes para celebrar o noso fin de curso.

Premendo na imaxe veredes algunhas das cousiñas que fixemos durante este Nadal.

Cine: Mundo extraño

Este curso, para rematar o trimestre, por fin puidemos ir ao cine!! Esta actividade tivo que ser anulada o curso pasado por mor da situación sanitaria e nos quedou unha espiña cravada porque nos apetecía moito ir ao cine con todo o cole.

Así que, este ano, non dubidamos á hora de poder disfrutar dunha estupenda sesión de cine vendo a peli "Mundo extraño" con todo o cole.

O pasamos xenial e disfrutamos un montón coa peli que, ademais de divertida, nos deu unha excelente lección do respecto pola contorna.

Cross con Xogade

Este curso, dende Xogade, nos invitaron a unha carreira de cross con outros coles da zona para desfrutar do exercicio físico e tamén para animar aos nosos compañeiros e compañeiras que participaban nas distintas carreiras.

Nin a choiva nin o frío puido con nós; o pasamos moi ben e, aínda que foi un chisco complicado correr nesas condicións, o fixemos xenial!!

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo da nosa carreira de cross.

Carreira solidaria

Este ano dende o cole se propuxo unha carreira solidaria a favor do Centro de Recursos Solidarios do concello de Narón. Con esta carreira, ademais de facer deporte, aprendimos a necesidade de colaborar con entidades da contorna para facer que o noso concello e as persoas que máis o necesitan vivan en mellores condicións e mais nestas datas tan sinaladas.

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo da nosa carreira.

25 de novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Coma todos os anos, no cole celebramos o 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Este curso fixemos entre todos un mural na entrada do edificio de infantil onde, cos nosos mellores desexos, escribimos en pequenos papeis frases que nos identificaban nesta data.

Aquí vos amosamos algunhas imaxes dese día.

 

Distribuir contido