6º curso

Obradoiros de electricidade e cestería

Para ir rematando o trimestre, fixemos unha saída ao Muíño de Pedroso para aprender nunha contorna espectacular. Da man das monitoras de Tempus, fixemos dous obradoiros ben distintos pero con alto interese para a clase. 

Por un lado, levamos a cabo un obradoiro de circuítos eléctricos que,se ben o curso pasado xa nos iniciamos no tema, nos pareceu algo complicado pero, despois deste obradoiro, vimos que non era tan difícil e nos axudou moito a aprender contidos que estamos a traballar este curso relacionados coa electricidade.

Por outro lado, fixemos un obradoiro de cestería que nos trasladou ao pasado xa que, ademais de levalo a cabo dentro do mesmo muíño, nos lembrou a épocas pasadas onde as crianzas faciamos cestos de mimbre ou de xuncos como diversión e, de paso, nos levabamos para casa uns bonitos cestos para poder meter cousas dentro.Aínda que nun principio nos pareceu algo complicado, despois vimos o entretida que é a actividade e nos quedaron uns cestos ben feitiños.

Premendo na imaxe poderedes ver algunhas imaxes e vídeos desta actividade.

Esfolla 2022

Este ano, dúas rapazas do Concello viñeron á escola para falarmos da ESFOLLA, unha festa tradicional relacionada coa colleita do maínzo e que, co paso do tempo, seguimos a conservar acompañada de bailes, música e de obradoiros de elaboración de bonequiños coas mazorcas do millo.

Foi unha actividade moi interesante que nos trasladou ao pasado e, de paso, nos levamos a casa unhas preciosas bonecas feitas por nós.

Premendo na imaxe podedes ver un pouquiño desta actividade.

Saída á SGHN e visita ás Meninas de Canido

Este curso fixemos unha saída moi interesante que combinou os coñecementos e a natureza, acudindo á Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) de Ferrol así como unha visita do máis artística, paseando polo precioso barrio de Canido en Ferrol e visitando as súas Meninas que inundan as rúas de beleza e de cor.

Foi unha saída marabillosa na que nos deleitamos cos grandes artistas que hai na nosa zona e, sobre todo, nos divertimos moito!

Premendo na imaxe podedes ver unha pequena presentación con algunhas fotos desta saída.

Samaín 2022

Como cada outubro chegou o SAMAÍN!! Unha festa que a uns lles encanta, a outros lles dá un pouco de medo pero que, de seguro, non deixa a ninguén indiferente.

Coma todos os anos houbo Obradoiro de cabazas, a súa exposición na biblioteca e a festa de desfraces pero, este curso, fixemos algo novo... Unhas merendas de medo espectaculares e, sobre todo, moi saudables!!

Premendo na imaxe podedes ver algunhas das cousiñas que fixemos estes días.

O mago Dani

O Mago Dani veu ao noso cole a enchernos coa súa maxia e o seu bo humor.

Foi unha actividade estupenda, moi divertida e que nos deixou coa boca aberta. Todo un espectáculo para os grandes e pequenos do cole!!

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo e algunhas imaxes das nosas intervencións!!

Pontemúsica

Neste programa os alumnos de diferentes cursos compartirán contenidos musicais. Esperamos que vos guste e que aprendades moitísimo.

O Bambam: Final de tempada.

Boas a todos. Deixámosvos aquí o último episodio de Radio Ponte desta tempada. Unha despedida, breve pero moi emotiva. Grazas oíntes por estar aí. O ano que ven seguiremos. Grazas clase de 6º por toda a aportación a este proxecto. Vémonos en Radio Ponte. PD: perdoade a calidade deste episodio, pero parece que a tarxeta de son, xa dixo adeus, haberá que mercar outra para o curso que ven.

A Idade Contemporánea

Quen quere viaxar cos alumnos de 6º de primaria aos comezos da idade contemporánea? A través de 5 episodios creados en Radio Ponte, os alumnos darán a coñecer e participaran nestes importantes feitos históricos. Acompañádesnos?


 

O Bambam: Narón Mola Máis.

celebramos este 13 de febreiro o día mundial da radio...Queredes acompañarnos a descubrir o patrimonio de Narón e saber por que Narón mola máis??? Os alumnos de 6º traen datos importantes, un concurso e dúas ficcións sonoras para levarnos a descubrir por que Narón Mola Máis. Imooos!!!

o Bambam: "Verde Nadal"

Ainda que cun pouco de retraso, ofrecésmosvos un Bambam navideños con unha clara cor verde; verde de coidar o medio ambiente. Esperamos que vos guste.

Distribuir contido