6º curso

Unha Historia na Idade Antiga

Vos compartimos un vídeo dun proxecto que fixemos o ano pasado.

Unha historia na prehistoria

Aquí tedes un dous vídeos do noso proxecto do ano pasado.

Fragmentos

Os alumnos e alumnas de sexto de primaria presentan a súa selección da obra de Carbalho Calero feita nunha presentación colaborativa.

 

O Bambán Programa 3

Terceiro episodio dos nosos locutores favoritos. Non vos perdades os últimos capitulos antes de que marchen ao instituto.

O Bambán Programa 2

A clase de 6º de primaria trae o segundo episodio do noso programa O Bambam. Que disfrutedes.

O Bambam Programa 1

OS NENOS E NENAS DE SEXTO TRABALLAN NO INVERNADOIRO


Os nenos e nenas  de sexto traballaron este curso no invernadoiro plantando ,coidando facendo compost,...deixovos unha pequena información do compost.

Compost

Os restos orgánicos que cres que xa non serven para nada deberías recompilalos nun colector . Co paso do tempo obterás unha excelente mixtura chamada compost  que servirá como abono para que as plantas teñan un crecemento favorable.

 Como fabricar o teu propio abono?

 1º-    Busca un lugar soleado . Coloca o colector sobre terra, en lugar de facelo sobre cemento, para que a auga se filtre e os organismos beneficiosos actúen.

 2º-    Introduce no colector a mesma cantidade de refugallos ``verdes´´ e ``marróns”.

Os ``marróns´´ son os refugallos sólidos e secos, como o papel , as caixas de ovos ou as follas caídas. Estes achegan fibra e carbono, e forman bolsas de aire que axudan aos organismos beneficiosos.

Os verdes son os restos de plantas.

 3º- Cobre o colector cunha tapa,  unha alfombra ou un felpudo vello. Así manterás o calor.

Engade un pouco de terra e aproximadamente cada mes, pídelle a un adulto que te axude a mesturar as capas superiores cun anciño,para que os refugallos podrezan antes.Verás como pouco a pouco poucos vaise reducindo de tamaño e todo cheira a terra.

 O abono máis rico conséguese, en parte, grazas aos excrementos dalgúns pequenos seres. Verás que no colector haberá moitos  bichos. Algúns se alimentan dos desfeitos orgánicos. Outros os desmenuzan  e fan túneles que axudan a mesturalo.

 

 

 

Abono con follas

Fai  algúns buracos nos lados e na base dunha bolsa de lixo. Recolle follas caídas e méteas nela. Cando a bolsa estea case chea, rocía as follas con auga, axítaa con forza e átaa. Déixaa repousar nun lugar á sombra.

Pasado un ano, as follas estarán podrecidas e formarán un alimento moi rico para as plantas. Distribúeo pola terra e espera a ver os resultados.

A maxia do acolchado

Un bo truco consiste en ``acolchar´´ as macetas. O acolchado é unha capa que cobre a superficie da terra e achega nutrientes ás plantas, mantén a humidade, prevén o crecemento de herballos e protexe as raíces do frío. Para iso, podes utilizar cortiza de árbore, agullas de piñeiro, herba cortada ou mesmo algas de mar .

As contas de cristal ou as cunchas serven de acolchado decorativo.

 Nós, os rapaces e rapazas de Sexto estamos a elaborar un compost coas pelas dás froitas, algunhas servilletas usadas e restos orgánicos. O noso ``composteiro´´ está situado detrás do invernadoiro.Invitámosvos a todos a que botedes alí os restos das froitas que traiades para a merenda . Pero....Ollo! non podedes tirar envases baleiros!    Xa veredes os resultados!

 

 

Distribuir contido