blogue defernandeztraseira

Tips para familias en apuros II

CONVOCATORIA BECAS NEAE 24/25


 

PRAZO: 30 ABRIL - 13 SETEMBRO 2024

QUEN A PODE SOLICITAR?

  • Alumnado con discapacidade
  • Alumnado con Trastorno grave de conduta ou da comunicación e linguaxe
  • Alumnado con Trastorno do espectro autista
  • Alumnado con Altas Capacidades

 

MÁIS INFORMACIÓN

PROBAS GRUPAIS

No centro levamos a cabo diferentes probas a nivel grupo que están contempladas dentro do Plan de Atención á Diversidade, con elas pretendemos identificar aquel alumnado que ten dificultades nalgún aspecto concreto ou, incluso, algún grupo que deba traballar algo concreto.

Estas probas contan para a nota? Que valoran?

Non. O alumnado é coñecedor de que non conta para a nota e explícaselles que non se trata dunha avaliación dunha materia concreta, se non que se valoran esas "pequenas cousiñas" que utilizan no seu día a día: comprensión oral e escrita, atención, cálculo, planificación, lóxica, control espacial, etc.

Por que se fai con todo o grupo e non so cun neno/a en concreto?

As probas estandarizadas teñen baremos españois, é dicir, os investigadores que crearon a proba utilizaron nenos e nenas de todo o territorio español para elaborar o que se entende como "promedio" e todo o que queda por enriba e por abaixo. O feito de ter estos baremos fai que os resultados sexan en función de toda esa poboación, e iso está ben para saber onde nos situamos con respecto ao esperado por idade ou curso; pero se o facemos con todo o grupo, podemos tamén observar que igual toda esa clase acada unha puntuación baixa (ou alta) nunha tarefa concreta, o cal indica que non se trata de que un neno/a teña unha dificultade, se non que é algo a traballar con todo o grupo.

Os resultados vanse dar a coñecer ás familias?

Estas probas son unhas probas xenéricas, de identificación de posibles necesidades, polo que só nos poñeremos en contacto con aquelas familias nas que o neno/a obteña uns resultados que nos fagan sospeitar de que pode haber unha dificultade. No caso de que os resultados estén dentro do esperado, non haberá comunicación á familia.

Isto quere dicir que se o meu fillo/a está dentro da normalidade non podo ver o que fixo?

PARA NADA. Calquera familia que esté interesada en coñecer os resultados pode solicitar cita ca orientadora (a través da titora ou a través do email) e ver o que o seu fillo/a fixo.

 

Calquera dúbida que poda xurdir ao respecto, pode acudirse tanto ás titoras como á orientadora do centro.

Tips para familias en apuros


 

Sociograma

Sociograma... ?

 

Un sociograma é unha ferramenta para valorar o clima social da aula e as relacións que exiten no grupo.

É unha actividade moi importante para a mellora da convivencia escolar e, habitualmente, faise no inicio de curso e no final.

Neste trimestre, foron as aulas de primaria as que realizaron a actividade; as de infantil, xa que os obxectivos son menos, levarase a cabo no 2º trimestre.

 

Facer partícipes aos alumnos e alumnas fai que se sintan escoitados xa que recoñecen que a súa voz e opinión conta e pode haber cambios nas dinámicas de aula gracias a iso.

 

En ocasións, pode ser que os resultados aheguen información que pasara desapercibida aos ollos dos mestres/as. A partir disto, levaranse a cabo actividades de cohesión de grupo e mellora da convivencia no grupo.

 

Comezo de curso no Departamento de Orientación

Estimadas familias, 

 

Fálavos Carmen, a orientadora que vai estar na escola polo momento.

Imos ir retomando as publicacións por aquí ca idea de poder ofrecervos recursos e consellos que agardo sexan de utilidade.

Polo momento, infórmovos que contamos cun correo electrónico co cal podedes contactar comigo para calquer consulta, suxestión, cita ou información que querades transmitirme, a direción é:

orientacion.ceip.ponte.xubia@edu.xunta.gal

Non dubidedes en escribirme.

 

Un saúdo, 

Carmen Fernández

 

 

Distribuir contido