PEIXES DE PAPEL

Fai unhas semanas no taller de plástica fixemos uns peixes de papel...Pero a actividade requeriu tanta atención por parte dos nenos e nenas que foi imposible facer fotos do proceso, e é que (inda que non o pareza) o de facer fotos é complicado sobre todo cando os peques precisan moita axuda ou non poden esperar...

E aquí tedes a única foto que quitei...os peixes rematados e amontoados na mesa. Así que a continuación aparece unha pequena presentación cunha explicación por se queredes facelos na casa, é sinxelo e divertido. ¡Animádevos!

 

Por certo esta actividade aprendina dunha compañeira doutra escola... Grazas Bea. ¡Que sería dos mestr@s se non compartiramos o que sabemos!