ENCONTRO INTERNACIONAL ERASMUS + FERROL 2020

 

Os días 15 e 16 de xaneiro o noso centro participou no Encontro Internacional Erasmus + Ferrol.

O encontro celebrouse o mércores día 15 no CIS da Cabana e o xoves 16 no CIFP Ferrolterra.

O día 15 todos os centros de Ferrol e Narón con proxectos coordinados polo CEFORES levamos materiais explicativos sobre o feito ata agora nos nosos centros.

Nós deseñamos un tríptico, levamos materiais elaborados para recibir aos nosos socios o ano pasado en abril, unha presentación no ordenador e materiais relacionado con Pegadas (programa deseñado polo concello de Narón para promover que os nenos e nenas veñan ao cole andando, en bici ou patinete para así contaminar menos o noso concello)

Como sabedes nos estamos no proxecto On Your Bike, tratando de fomentar o uso da bici para vir ao cole. Outros proxectos Erasmus presentados foron : My place, your place, our place, Robot Dance e Challenging Extremism.

O día 16 no CIFP Ferrolterra asistimos a charlas de membros de centros que participan en

e-twinning.

Aqui podedes ver fotos relacionadas con este encontro internacional.Premede na foto.