NOVENA SEMANA DO TERCEIRO TRIMESTRE

Última semana de deberes! Algúns estarían desexando que chegara tal momento...Isto remata e con nota! Moitas semanas de traballo en familia superadas con matrícula de honor. Parabéns a todos porque revisando semana a semana só vin melloría na letra, na expresión, nas normas ortográficas, na comprensión de texto, na resolución de problemas, no cálculo... Unha preparación necesaria para o próximo nivel porque isto segue, a pesar de coronavirus e cuarentenas... Podo dicir que agardo con impaciencia as resolucións da Consellería sobre o comezo de curso para poder seguir vendo mellorar aos meus queridos alumnos e alumnas que tan ben o fixeron desde a casa coa vosa axuda e para saber por fin se poderei voltar a disfrutar deles de xeito presencial coas súas risas e o rebumbio da clase que tanto boto en falta. Unha vez máis parabéns polo traballo destas nove semanas e grazas pola vosa comprensión e paciencia comigo.

Ao rematar a semana mandade foto do que ides avanzando ao meu correo elisadopicobores@edu.xunta.es. Grazas!

 

LUNS 8:

LINGUA: Le o texo:

Aquel pelícano era un pouco raro. Era o único pelícano ao que lle gustaban máis as verduras que os peixes. O problema é que lle tiña medo aos peixes dende que un día, cando era pequeno, se lle meteu polo peteiro unha robaliza de catro quilos. Dende entón xa non quixo saber nada dos peixes, nin grandes, nin pequenos.

Agora copia ao ditado e responde empregando oracións completas:

1.- Como era aquel pelícano?2.- Que lle gustaba comer?3.- Por que lle tiña medo aos peixes?4.- Que peixe se lle meteu polo peteiro cando era pequeno?5.- Canto pesaba a robaliza? 6.- Inventa un plato de verduras e froitas que lle prepararías ao pelícano.

 

MARTES 9:

MATEMÁTICAS: Xa tedes os libros de matemáticas na casa. Agora toca ilos rematando. Todo o que queda por facer está visto en vídeo, en explicación nos deberes, ect. Podedes elexir as páxinas a facer o a cantidade de traballo a realizar. Non importa se empezades por segundo ou terceiro trimestre. O venres me mandades foto das páxinas completadas.

 

MÉRCORES 10:

LINGUA: Nesta última semana de deberes toca facer exame do que che gustou máis e menos destes días de deberes telemáticos. Escribe a lista do que che resultou mellor, máis fácil, máis entretenido de facer... Escribe a lista do que menos che gustou facer, do máis aburrido, do peor... Escribe a lista das cousas que debe mellorar Elisa como profesora a distancia (non che dou pistas que me copias e quero que penses ti).

 

XOVES 11 e VENRES 12: (Igual que o mércores)

MATEMÁTICAS:Xa tedes os libros de matemáticas na casa. Agora toca ilos rematando. Todo o que queda por facer está visto en vídeo, en explicación nos deberes, ect. Podedes elexir as páxinas a facer o a cantidade de traballo a realizar. Non importa se empezades por segundo ou terceiro trimestre. O venres me mandades foto das páxinas completadas.

 

E ata aquí chegamos. A vindeira semana rematade todo o libro de matemáticas e ide moito de paseo. O libro de Lengua Castellana, que tamén tedes xa na casa, podedes ilo rematando tamén. Non se vai continuar en 3º con el.

 

Seguide ben, coidádevos moito, pasade un bo verán. Vémonos axiña.