SAMAÍN 2021

O equipo de Biblioteca, neste ano 2021, novamente propuxo unha maneira diferente de celebrar o Samaín.

Así e durante a última semana de outubro, nunhas curiosas cabazas colgadas das portas das clases apareceron cada día propostas para que os grupos elaborasen as súas propias adiviñas, trabalinguas e chistes de medo coa idea de que Nicoleo xunte as curiosas creacións e así poder compartilas proximamente na Biblioteca que tanto ansiamos estrear.

Ademais, o xoves 28 de outubro decoramos as cabazas e o día 30 acudimos profes e nenos disfrazados a visitar a exposición feita no patio cuberto coas horripilantes creacións dos compañeiros e compañeiras.

Neste terrorífico vídeo vos deixo algunha foto da elaboración e exposición das cabazas e dos sorprendentes disfraces.

Feliz Samaín a todos e todas!!!

 

SAMAÍN NO CEIP PLURILINGÜE PONTE DE XUVIA!