A Pandilla Lacasitos (2º)

A Pandilla Lacasitos está tan lanzada na súa aventura radiofónica que nesta ocasión traen unha serie de programas guionizados integramente por eles mesmos. Por equipos seguiron o seguinte proceso: Tormenta de ideas, debate, toma de decisións, ensaio e gravación. Foi moi interesante ver como cada equipo pensou o que ían contar e dotaron de contido as súas ideas. Xa veredes que cousas tan xeniais foron capaces de desenvolver.