"EASTER EGG HUNT" NO CEIP PONTE DE XUVIA

Na semana previa ás vacacións de Semana Santa traballamos sobre "Easter", tanto en Plástica como nas clases de Inglés.

Caroline, a nosa auxiliar de conversa, falounos de como se celebran estas datas nos Estados Unidos.

O remate final foi ... "The Easter Egg Hunt". Cada clase saíu ao parque do paseo onde o alumnado tivo que buscar ovos de chocolate agochados previamente por Caroline.

E o venres, tocoulle ao profesorado e ao persoal non docente buscar os ovos que nenos e nenas  agocharan no patio.

Foi moi divertido e os ovos de chocolate estaban moi saborosos!