Graduación de 6º

E agora si, chegou o fin!!! Estes pequenos xa se fixeron maiores e marchan a conquistar o instituto. Foi un día de moitas bágoas, moita emoción pero, sobre todo, moita ledicia por poder compartir todos xuntos este día tan precioso.

Non podemos máis que agradecer todos estes anos xuntos e dicirvos que xa formades parte da gran familia que é o Ponte de Xuvia. Agardamos que nos lembredes sempre con agarimo e que veñades visitarnos moitas veces para poder ir vendo como ides facéndoos maiores.

Vos queremos un mundo!!

Premendo na 1ª imaxe veredes o vídeo do noso paso polo cole e, premendo na 2ª, un pequeno vídeo da nosa festa de graduación.