Día da Paz: Tratámonos ben

Aínda que todo o ano debera ser Día da Paz, o 30 de xaneiro celebrámolo baixo o precioso lema: "Tratámonos ben". Unha frase que debera formar parte de todos os nosos días e de todas as persoas do mundo para conseguir o que tanto queremos, poder VIVIR EN PAZ.

Como parte desta festa, o noso marabilloso profe de música adaptou unha preciosa canción, "A mochila da paz", para que a cantásemos e bailásemos neste día.

Ademais, organizou un fermoso concerto onde deleitamos ao resto da escola coas cancións que estivemos a practicar durante moito tempo.

Pasámolo xenial e disfrutamos máis todavía.

Premendo nas ligazóns podedes ver un vídeo das actuacións dos distintos cursos.

INFANTIL     1º EP         2º EP          3º EP          4º EP            5º EP           6º EP