NO PONTE DE XUVIA RECICLAMOS ACEITE!

A partir de hoxe poderedes atopar no patio do centro, xunto a entrada a Primaria, un pequeno contedor verde destinado á recollida de aceite usado. Nel poderedes depositar o aceite de cociña usado en recipientes de plástico para a súa posterior reciclaxe.
 
Esta recollida lévase a cabo en colaboración coa empresa Arioil Reciclaxe a través da actividade Bioescolas e coa idea de trocar ao remate do curso os litros de aceite recollidos no centro por material escolar para o alumnado.
 
Agardamos a vosa colaboración.