Olimpiadas de educación vial - Circuíto en bicicleta

Dende o equipo de educación vial do concello, todos os anos se convida ao alumnado de 5º curso dos distintos centros de Narón a participar nas olimpiadas de educación vial. 

Esta actividade consiste en varias fases:

Na primeira fase recibimos a visita de varios expertos en educación vial, primeiros auxilios e medio ambiente para que nos dean charlas cos contidos que van entrar nas probas das olimpiadas. Con estes obradoiros aprendimos un montón ademais de divertirnos moito.

Despois ven a fase práctica. A primeira delas é un circuíto en bicicleta no que aprendemos a sortear obstáculos, tomar rotondas, coller obxectos cunha man, cambiar a marcha ou frear a tempo antes dun obstáculo.

Nesta entrada podedes ver un vídeo con este circuíto de bicicletas pertencentes ás olimpiadas.

A pesares da choiva o fixemos moi ben e disfrutamos moito con esta actividade.

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo desta actividade.