Olimpiadas de educación vial - Concurso no pazo da cultura

E por fin chegaron as tan ansiadas olimpiadas!!! Con moita ilusión e ledicia nos fomos ata o pazo da cultura acompañados dos compis de 61 de primaria que foron ao pazo a representar o seu grande éxito "Rap da educación vial", canción gañadora do concurso proposto polo equipo de educación vial do concello.

Despois de moito estudar e preparar os temas do concurso, chegamos ao pazo da cultura nerviosos e emocionados, tanto os concursantes como a xente que iamos animar: alumnado, profes e familias estabamos desexando ver o concurso e preparaos carteis para animar ao noso equipo: OS CORVOS DE XUVIA!!

O resultado foi que GAÑAMOOOOOS!! Fixemos un excelente traballo e estivemos todo o tempo no 1º posto. Mais, como tamén se ten en conta a proba da bicicleta e, ademais, o seguinte equipo estaba a moi pouquiños puntos de nós, resultou que quedamos SEGUNDOS no concurso!! Posto ben merecido e que fixo que nos levasemos a casa unhas entradas para o cine, unha excursión ao CIS (Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño) de Ferrol e, sobre todo, un día inesquecible para todos nós.

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo desta marabillosa actividade.