Admisión provisional 2024/25

Procédese á admisión provisional de todas as solicitudes recibidas neste centro para o curso escolar 2024-2025.

As listaxes provisionais de solicitudes poden consultarse:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se poderá realizar por ningún outro medio físico de publicación.

b)  Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.

Contra a Resolución poderase presentar reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación.

TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS SON ADMITIDAS XA QUE É SUPERIOR O NÚMERO DE VACANTES QUE DE PRAZAS SOLICITADAS.