Visita ao CIS

O noso premio por resultar segundos nas olimpiadas de educación vial foi unha visita ao CIS (Centro de innovación e servizos da tecnoloxía) na que puidemos aprender unha morea de cousas sobre ciencia da man do grande David Ballesteros.

Comezamos falando de Harry Potter e desmontando cientificamente moitos dos elementos máxicos que aparecen na película. Ademais de aprender nos divertimos moito e rimos un montón.

Tamén levamos a cabo un obradoiro de luz no que nos amosaron aspectos relacionados coas cores en luz, cos raios ultravioleta e todo dun xeito práctico e divertido.

Para rematar fixemos unhas estruturas para conseguir que unha bóla chegase o máis lonxe posible. 

Foi unha mañá estupenda que nos serviu moito para coñecer mellor algúns dos conceptos dos que falamos na clase.

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo deste día.