Visita de Cris Moreira
Como representante do mundo do cine e o teatro, visitounos na aula Cris Moreira, tia de Nina e grande actriz ferrolana. Esta marabillosa muller é a creadora de Fóra do mapa, proxecto que busca promover as artes escénicas contemporáneas e, ao mesmo tempo, dar a coñecer a beleza de certas construcións da cidade.
Contounos cousiñas da súa vida, da súa viaxe como actriz e creadora e, ademais, ensinounos técnicas para contar chistes en público ou amosar as nosas emocións á hora de actuar.
Pasámolo en grande e puidemos coñecer mellor a esta grande artista ferrolá. Agardamos que teña moita sorte nas súas andainas e que volva a visitarnos sempre que queira. Foi un verdadeiro pracer tela con nós.
Premendo na imaxe podedes ver un vídeo desta actividade.