VISITA DA FAMILIA DE LOIS

O mércores tivemos a visita da familia de Lois ; Uxía, anxo e marta.

Fixeron unha adaptación dun conto titulado “LISA MUCHAPRISA” cada membro da familia facía dun personaxe  pero viñeron cargadiños con todo o material teatrillo,títeres,...non faltaba de nada. despois da estupenda  interpretación fixemos unhas marionetas cos dedos dunhas luvas  boca e a verdade que as deixamos monísimas. despois estivemos a xogar un pouco co teatrillo,os personaxes e as marionetas o pasamos xenial. moitas grazas familia foi un pracer pasar un ratiño con vós. unha aperta dos nenos e  nenas de cinco años.