6º curso EI

CALENDARIO DE ADVIENTO

Este ano fixemos un "calendario de adviento",primeiro decoramos o cartón onde imos poñer os tapóns coa chocolatina dentro e no tapón por fóra poñemos os números dos días que faltan ata que chegue o nadal.Cada día o encargado levará a súa chololatina.Todo feito con material reciclado hai que coidar a natureza.

AS NENAS DE 6º CÓNTANNOS UN CONTO

Este xoves Marta e Ana contáronnos un conto moi divertido,notábase que o tiñan moi ben preparado.Nese conto aparecían naves espaciais,monstruos de dúas cabezas,uns habitantes moi pequeniños,..todos os elementos para disfrutar e non perder dato.As narradoras trouxeron todas as cousas que aparecían no conto para que os nenos e nenas os poideran ver e tocar.Gustounos moito e o fixeron xenial.Moitas grazas!!! 

PARABÉNS RAPACES!!!!

Este mes de novembro estiveron de cumple Yago e Dany e trouxeron cousas riquísimas unha tarta de avións ,chocolate con churros e paquetiño ,pero que máis podíamos pedir.Moitas grazas a todos e todas.Que maiores xa 5 anos!!.

UN CONTIÑO DE COELLIÑO

Esta semana contounos un conto a madriña de Lucia ,Sagrario,o título do conto foi "Coelliño branco".A historia trataba dun coello que foi a horta a buscar coles para facer un caldiño pero cando volveu para a casa a cabra cabruxa entrara na casa e non deixaba entrar a coelliño.Coelliño foi buscar axuda polo camiño atopou ao boi,ao can, ao galo pero ningún deles quería saber nada da cabra cabruxa.Coelliño moi triste pensando que xa nunca máis voltaría a súa casa, pero encontrouse cunha valente formiga que dun mordisco botou a cabra cabruxa.E moi contentos  os dous amiguiños comeron ese caldiño tan rico de coles.Moitas grazas Sagrario por contarnos ese conto tan fermoso.

UN CONTO MOI CHULO.

Esta semana contamos un conto dos que nos regalou Nicoleo,"Mamá elefante es genial" e trata dunha mamá elefante que pensa que a súa trompa é moi grande e non está contenta con ela.Pero pouco a pouco descobre que coa súa trompa pode facer moitas cousas.

UN XOVES MOI DOCE

Despois de escoitar o conto de Carmiña con esa bruxa que facía unhas tartas tan deliciosas,dixemos pois nosoutros facendo biscoitos somos do melloriño da zona.Asi que aló fomos ,primeiro buscamos a receita nos libros de cociña,preparamos a receita,fixemos a nota para mandar para a casa para traer todos os ingredientes e o día chegou.Coma nos gusta cociñar uns ovos por aqui,azucre,fariña,iogur,raspadura de limón,fermento,remexer un pouquiño e para o forno.Ai que olor!!!.pero o mellor de todo foi comelo e a profe trouxo un pouco de chocolate que ledicia e que larpeiros .Un xoves moi doce.

O CONTACONTOS DE CARMIÑA

Este luns veu a avoa de Nadjara,Carmiña,a contarnos un conto.O título elexido foi"Un desastre de bruja".O conto trataba dunha bruxa que coma cociñeira non tiña prezo pois facía unhas tartas de mazá ben boas pero como bruxa facendo pócimas,feitizos era un auténtico desastre.Un conto moi chulo e tanto nos gustou que quixemos  sair todos na foto con Carmiña.

ONDE ESTÁ NICOLEO???

Queridas familias dende o Samaín non sabemos onde se atopa Nicoleo, a nosa mascota da biblioteca.Todo o cole anda escribindo contos,facendo debuxos,...para saber que sucedeu.Os nenos de 5 anos tamén puxeron en marcha a súa imaxinación  e o pobre Nicoleo pasoulle de todo.é prisioneiro dunha princesa zombi,está nunha cova,atacado por un lobo,secuestrado nun castelo encantado,...Esperemos que pronto saibamos onde se atopa pois xa queremos que volte para o cole.

O MAGOSTO

PREMEDE NO DEBUXO E VEREDES UNHA PEQUENA PRESENTACIÓN DA FESTA DO MAGOSTO.

GOLDILOCKS AND THE TREE BEARS

XA ESTÁN LISTAS AS FOTOS DA OBRA EN INGLÉS QUE ESTABAN PENDENTES.

SAIRON TODOS MOI GUAPOS E GUAPAS E ELEGANTÍSIMOS CON ESAS CHAPAS TAN CHULAS QUE NOS FIXO A PROFE PURI.

PREMEDE NA CHAPA E XA PODEDES VER A PRESENTACIÓN.

Distribuir contido