Eventos

« Luns Decembro 08, 2014 »
Lun

O dogma da Inmaculada Concepción é un artigo de fe do catolicismo. Sostén a crenza en que María, nai de Jesús, a diferenza de todos os demais seres humanos, non foi alcanzada polo pecado orixinal senón que, desde o primeiro instante da súa concepción estivo libre de todo pecado. Non debe confundirse esta doutrina coa da maternidade virginal de María, que sostén que Jesús foi concibido sen intervención de home e María permaneceu virxe antes, durante e despois do embarazo. Ao desenvolver a doutrina da Inmaculada Concepción, a Igrexa católica contempla a posición especial de María por ser nai de Jesús de Nazaret e sostén que Divos preservou a María libre de todo pecado e, aínda máis, libre de toda mancha ou efecto do pecado orixinal, que había de transmitirse a todos os homes por ser descendentes de Adán e Eva, en atención a que ía ser a nai de Jesús, que é tamén Deus. A doutrina reafirma coa expresión "chea es de graza" (Gratia Plena) contida no Saúdo do Anxo (Lc. 1,28) e na oración do Ave María este aspecto de ser libre de pecado pola graz a de Deus.

Distribuir contido