fondo

Familias

ENTROIDO 2023

 

 

 ▷ Carnaval: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

 

Achégase o Entroido e querémolo celebrar no colexio. O tema que eleximos este ano ten que ver cos inventos e os/as inventores/aspor iso, pedimos a vosa colaboración para que os nenos e nenas, veñan disfrazados o próximo venres, 17 de febreiro. Poñede a funcionar a vosa imaxinación para crear ese disfrace que teña que ver con dita temática. Decirvos tamén, que a semana do 13 ao 16 cumpriremos cos mandatos do Meco.

Sabemos que en anos anteriores contabamos coa vosa aportación de doces típicos destas datas. Pero seguindo a norma do colexio de non compartir alimentos debido á pandemia, sentimos moito non poder

levar a termo dita actividade.

 

 

MANDADIÑOS DO MECO

 

SEN MEDIDAS DE DISTANZAMENTO

ÍMONOS DIVERTIR,

E OS MANDADIÑOS DO MECO

IMOS VOLVER CUMPRIR

 

 

Luns 13: 

 E como a troula e a festa,

Para nós comeza, 

Non esquezas poñer hoxe,

Algo diferente na cabeza.

 

Martes 14:

Nin Master Chef, nin pamplinas,

Nós queremos filloas e chuliñas!

Un mandil de cociña,

Traeremos á escola,

E uns calcetíns resultóns,

Que virán axustados por fóra.

Mércores 15:

É unha preguiza co frío,

Erguerse para aprender …

Por un día á escola,

A parte de arriba do pixama

Poderás traer …

A crise fai estragos

Hai que facer aforro,

Antifaces reciclados,

Faite para taparte os ollos

XOVES16

 Sede creativos e creativas,

Ide ao faiado e ao garaxe

E montade un atuendo rápido,

Con material de reciclaxe. 

 

 

    

SUSA HERRERA E MERCHI ROZAS

O pasado xoves día 22 Susana Herrera acompañada mestra de música Merchi Rozas realizaron unha actividade de contacontos para o noso alumnado.

 

MAGOSTO 2022

 

castanyada.gif

VENRES DÍA 11 DE NOVEMBRO

 

O próximo venres, 11 de novembro temos previsto celebralo Magosto con castañas, xogos populares e música, e sería un anaquiño máis doado se todas as familias nos botades unha man.

Gustaríanos que cada cativa/o trouxera unha ducia de castañas xa picadas antes do próximo xoves día 10.

Se houbese algún intolerante/alérxico/a, por favor, que llo recorde ao seu titor/a. 

Adiviña:

Unha cousiña cousa

criada no monte,

enxoita na casa

e comese sin tasa.

QUE É????????.... 

E......A DESFRUTAR DA FESTA E DAS CASTAÑAS

  O RAP DO MAGOSTO

 

 Brinca vai: Paco Nogueiras

 

 

CURSO 2022- 2023

NORMAS DE PRINCIPIO DE CURSO

MOI IMPORTANTE

 

 

AGARDÁMOSVOS O VINDEIRO XOVES DÍA 8 DE SETEMBRO 

O HORARIO SERÁ DE 9 A 14H

FUNCIONARÁ O SERVIZO DE MADRUGADORES E DE COMEDOR

 Comezamos  de novo o Cole. Tras as vacacións estivais, os nosos nenos e nenas volven ás aulas e con eles, a frenética cotineidade  do día a día e das mil e unha tarefas e actividades coas que completar cada xornada.

                                 

REUNIÓNS DE PRINCIPIO DE CURSO 2022-23

FACEDE CLICK NA IMAXE

 

 

LISTAXES DE MATERIAL CURSO2022-2023

LISTAXE DE MATERIAL 1º PRIMARIA

LISTAXE DE MATERIAL 2º PRIMARIA

LISTAXE DE MATERIAL 3º PRIMARIA

LISTAXE DE MATERIAL DE 4ºA PRIMARIA

LISTAXE DE MATERIAL 4ºB PRIMARIA

LISTAXE DE MATERIAL 5º PRIMARIA

LISTAXE DE MATERIAL 6º PRIMARIA

 

Abalar móbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

 

 ABALAR MÓBIL

video titorial

 

GUÍA EN PDF

Animado animacion animation GIF - Find on GIFER

 

 17/07/2023

COMEDOR ESCOLAR 2023-2024

"O Concello de Santiago informa que xa está aberto o prazo para inscribirse no servizo de comedor e/ou madrugadores na rede de centros públicos de educación infantil e primaria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso escolar 2023-2024."

ATENCIÓN : 

A partir do  18 de xullo, ábrese o prazo de solicitude de inscrición e remata o 28 de agosto de 2023.

Os novos/as usuarios/as deberán entregar cuberto o correspondente impreso de solicitude de inscrición MODELO ED001 EDUCACIÓN (dispoñible na sede electrónica do Concelloou podedes descargala eiquí debaixo) e rexistrarse posteriormente, cando estea dispoñible a APP Cole Chef.

No momento da presentación das solicitudes nos prazos establecidos, non será necesario achegar ningunha documentación. O Departamento de Educación poderá requirir ás familias a presentación daqueles documentos que sexan necesarios para verificar o cumprimento dos criterios de admisión.

Os/as usuarios/as que fixeran uso dos servizos no curso 2022-2023 e xa están rexistrados na APP ColeChef, só terán que reactivar os servizos, na APP ColeChef para o curso 2023-2024.

 

MODELO  ED001

 

APLICACIÓN COLECHEF 

  0 CONCELLO xestiona:

 * Servizo de Madrugadores de 7:30 a 9:00h

 

* Servizo de Comedor de 14:00 a 16:30h

 4/09/2023

MENÚS

SETEMBRO 2023

                                            OUTUBRO 2023

NOVEMBRO 2023

DECEMBRO 2023

XANEIRO 2024

FEBREIRO 2024

MARZO 2024

ABRIL 2024

MAIO 2024

1/03/2023

BOLSAS DE COMEDOR E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2023-2024

O obxecto desta convocatoria é regular o procedemento para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares ás unidades familiares e de convivencia do Concello de Santiago de Compostela que teñan persoas menores de idade ao seu cargo escolarizadas en centros docentes públicos ou concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, e que estean matriculadas ou teñan reserva de praza para o curso 2023/2024, de conformidade cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.


Prazo de presentación de solicitudes:  (do 24/02/2023 ao 9/03/2023).

 

BASES REGULADORAS

 

IMPRESO DE SOLICITUDE

 

 

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.