Escolares

Ata setembro!

Un ano máis, toca poñer o punto e final a un curso escolar cheo de actividades e de moito traballo. Dende o CEIP Ramón Falcón, queremos desexarvos que pasedes un moi bo verán para voltar en setembro coas pilas máis cargadas que nunca! 

Resumo do curso 2022/2023

Resumo do curso 2022/2023 levado a cabo no CEIP Ramón Falcón.

 

Lembranzas do curso 2021/2022

Aquí tedes un breve resumo das lembranzas de todo o curso 2021/2022... esperemos que vos guste! Bo período estival e vémonos en setembro!

Lip dub sobre o Día da Paz

Estamos moi contentos de mostrarvos o "lip dub" que estivemos a preparar durante o mes de xaneiro para conmemorar o Día da Paz.Ten como fío condutor a canción "Yo contigo, tú conmigo" de Álvaro Soler e Morat, posto que esa é a mensaxe que queríamos transmitir: todo é posible traballando en equipo. Todo o centro traballou moi duro, preparando a posta en escena, realizando camisetas e ensaiando sen parar para que quedara o mellor posible. E como non podía ser de outro xeito, a biblioteca e os nosos voluntarios tamén teñen o seu papel neste vídeo.