Taboleiro

Xa estamos no Plan de Mellora de Bibliotecas!

Estamos moi contentos de informarvos que vimos de ser incluídos no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia, o que nos permitirá seguir traballando con máis ilusuón se cabe para ofrecervos un mellor servizo e a biblioteca que merecemos.

Noraboa a todos e todas!

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20161026_resolucion_bibliotecas.pdf

 

Xa estamos no Proxecto Abalar!

Vimos de conseguir para o curso que ben, participar co alumnado de 5º, no Proxecto Abalar.

Sabemos que vai conlevar moito traballo e tempo de todo o mundo, que se interese por esta oportunidade para que os nosos alumnos aprendan doutro xeito.

Noraboa a todos!

Próximas excursións

O vindeiro día 6 maio faremos unha excursión para visitar os museos de A Coruña. Botaremos toda a xornada na cidade.

Veremos o museo da Casa das Ciencias e Domus e por suposto a Casa dos Peixes.

Esperamos pasálo moi ben e aprender moitas cousas.