Radio patio

Lip dub sobre o Día da Paz

Estamos moi contentos de mostrarvos o "lip dub" que estivemos a preparar durante o mes de xaneiro para conmemorar o Día da Paz.Ten como fío condutor a canción "Yo contigo, tú conmigo" de Álvaro Soler e Morat, posto que esa é a mensaxe que queríamos transmitir: todo é posible traballando en equipo. Todo o centro traballou moi duro, preparando a posta en escena, realizando camisetas e ensaiando sen parar para que quedara o mellor posible. E como non podía ser de outro xeito, a biblioteca e os nosos voluntarios tamén teñen o seu papel neste vídeo.

O CD Lugo visita o noso centro

Onte un dos adestradores do CD Lugo e o defensa Ignasi Miquel, xogador de clubes tan importantes como o Arsenal e o FC Barcelona visitaron o noso centro.

Pasaron un rato do máis agradable cos nosos alumnos. Tamén nos agasallaron cunha camiseta do clube firmada por todos os xogadores e convidáronnos a asistir ao partido que disputarán o vindeiro sábado contra o Nástic de Tarragona.

Excursión ó Lugo romano

Excursión ó Lugo romano