O CD Lugo visita o noso centro

Onte un dos adestradores do CD Lugo e o defensa Ignasi Miquel, xogador de clubes tan importantes como o Arsenal e o FC Barcelona visitaron o noso centro.

Pasaron un rato do máis agradable cos nosos alumnos. Tamén nos agasallaron cunha camiseta do clube firmada por todos os xogadores e convidáronnos a asistir ao partido que disputarán o vindeiro sábado contra o Nástic de Tarragona.

http://www.cdlugo.com/noticia/el-cd-lugo-vuelve-a-visitar-nuestra-provincia