ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024: RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO.
Enviado por admin o Xov, 12/01/2023 - 09:53Segundo se contempla na Orde de 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos, artigo 26.4 “Cando o alumnado teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición, pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva (formulario normalizado ED550A que se remitiu hoxe a través do alumnado) no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e indicará o centro de adscrición que solicita”.
Tamén se poderá cumprimentar a solicitude través da aplicación admisionalumnado que deberán imprimir e entregar posteriormente na Secretaría deste centro: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
A solicitude de reserva tamén se poderá formalizar en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, incluída a Sede Electrónica con certificado dixital ou a Chave365: https://sede.xunta.gal/portada e neste caso xa non é preciso a entrega en papel na Secretaría do centro.
Xunto coa solicitude hai que presentar copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras.
Aquelas familias do alumnado de 6º curso de Educación Primaria que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Isaac Díaz Pardo de Sada deberán formalizar a reserva de praza. O prazo de presentación de solicitudes de reserva remata o 6 de febreiro.
En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a, ten carácter vinculante e a súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior, así como a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada en día 28 de febreiro (este incluído), poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da Orde de 21 de outubro de 2022.
Museo Cre-Arte: Pintura
Enviado por admin o Dom, 08/01/2023 - 11:35Durante este curso escolar o proxecto de centro está dedicado á Arte. No primeiro trimestre cada curso traballou distintos aspectos relacionados coa pintura: pintores (Luis Seoane, Leandro Lamas, Picasso, Munch, etc...) o retrato, a pintura rupestre, experimentamos con diferentes técnicas pictóricas: cos pés, con globos, pompas de auga...
Finalmente compartimos todo o noso traballo nunhas xornadas nas que percorrimos as salas que cada curso creou e gozamos coas explicacións dos nosos compañeiros e compañeiras.
Vídeo resumo das visitas
Fotografías da xornada
Exposicións dos distintos cursos
Festa de Nadal
Enviado por admin o Xov, 22/12/2022 - 01:01Nesta xornada de festa realizamos distintas actividades nas aulas para celebrar o Nadal. Compartimos unha deliciosa chocolatada e despedimos o ano e o primeiro trrimestre cunhas badaladas co Tarabelo nas Ondas.
Finalmente visitáronnos os Reis Magos que seguro que nos van a traer moitos regalos!
Clica na imaxe para ver as fotografías
Recollida solidaria de alimentos
Enviado por admin o Xov, 22/12/2022 - 00:50Un ano máis a nosa Comunidade Educativa volcouse na recollida solidaria de alimentos destinada a asociacións sen ánimo de lucro que axudan a aqueles que máis o necesitan.
Os representantes destas asociacións, Cruz Vermella e Cáritas, pediron que se trasladara o agradecemento a todos os que contribuíron neste iniciativa.
Subvención do Concello de Sada
Enviado por admin o Lun, 19/12/2022 - 10:00O Concello de Sada subvenciona con 3.00 euros os gastos de actividades complementarias, material escolar diverso, reparacións e mantemento e gastos de funcionamento.
“Convenio de colaboración entre o Concello de Sada e o CEIP SADA E CONTORNOS, para financiar actividades complementarias, material escolar diverso, reparacións e mantemento e gastos de funcionamento, segundo subvención nominativa prevista nas Bases de execución do orzamento municipal para 2022”.
Durante o ano 2022, os gastos de actividades complementarias, material escolar diverso, reparacións e mantemento e gastos de funcionamento foron subvencionados polo Concello de Sada cunha axuda de 3.000€.
O que se informa para xeral coñecemento da Comunidade Educativa en cumprimento da cláusula QUINTA do Convenio de colaboración.
Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Enviado por admin o Ven, 02/12/2022 - 18:27O día 3 de decembro conmemorase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e durante toda está semana realizaremos distintas actividades encamiñadas a acadar unha sociedade o máis inclusiva posible.
O pasado mércores, día 30 de novembro, o alumnado de 5º de educación primaria recibiu a visita dos usuarios de ASPACE, grazas aos cales coñecimos en que consiste a parálise cerebral, as finalidades desta Asociación e todas as actividades que realizan.
Clica na imaxe para ver as fotos deste día
Hoxe celebramos a Carreira ENKI, unha proba lúdica, non competitiva, que a través do xogo promove a inclusión e a visualización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade.
Clica na imaxe para ver as fotos da Carreira ENKI
25 de novembro: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
Enviado por admin o Ven, 25/11/2022 - 14:33No día de hoxe conmemoramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero cun acto colectivo que puxo colofón a todas as actividades que realizamos para concienciar sobre a necesidade de loitar contra todas as formas de violencia exercidas contra as mulleres e da importancia de alcanzar unha igualdade total. Que ninguén prenda as túas ás!
Clica na imaxe para ver as fotos e vídeos deste día
CONVOCATORIA DE AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO DE SADA CURSO 22 23
Enviado por admin o Mér, 23/11/2022 - 09:39Está publicada na web do Concello de Sada a convocatoria de axudas económicas para a concesión de axudas económicas ás familias para atender aos gastos orixinados polo comezo do curso escolar do alumnado, entendendo por tales a adquisición de libros, material didáctico complementario, vestiario e outros gastos directamente relacionados.
As bases atópanse no taboleiro de anuncios da entrada do centro e na web do Concello de Sada:
ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por admin o Mar, 08/11/2022 - 10:31O Consello Escolar é o máximo órgano de participación do Centro. Del forman parte representantes dos distintos sectores da comunidade educativa. Pola importancia que ten o Consello Escolar na vida do Centro anímase a todas as nais e pais a participar neste proceso electoral.
Durante o mes de novembro do presente curso procederase á renovación de 3 representantes das nais e pais e 2 do profesorado no Consello Escolar do centro.
A Xunta Electoral, reunida o 7 de novembro, acordou establecer o seguinte calendario electoral:
DO 9 AO 16 DE NOVEMBRO (ámbolos dous inclusive)
-Exposición dos censos electorais de nais e pais e do profesorado. Durante este período poderanse presentar reclamacións aos mesmos. Os censos estarán expostos no taboleiro de anuncios da entrada do centro e na sala de profesores respectivamente.
Impreso para presentar relamacións ao censo.
-Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar. O prazo remata o día 16 ás 14:00 horas.
Impreso para presentación de candidatura.
Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar. Para a presentación da candidatura e reclamacións ao censo farase un escrito dirixido ao director do centro. Quen o desexe ten modelos á súa disposición na conserxería ou pode descargalos da web do centro.
21 DE NOVEMBRO
Reunión da Xunta Electoral na que se procederá a:
-Admisión das candidaturas, aprobación definitiva de censos electorais, aprobación de modelos de papeletas e sobres.
-Publicación de candidaturas.
-Publicación definitiva do censo electoral.
-Sorteo público, na entrada do centro para a designación dos integrantes mesa electoral para a votación das nais e pais.
29 DE NOVEMBRO
Votacións.
Samaín, Magosto e Halloween
Enviado por admin o Ven, 28/10/2022 - 13:45- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »