Actividades

Día Internacional Contra o Acoso Escolar

Ao longo deste  curso son moitas as actividades que realizamos para aprender a convivir e respostar activamente contra o Acoso Escolar. 

Hoxe é un día importante porque conmemórase o Día Internacional Contra o Acoso Escolar e recordaremos nas titorías a importancia de seguir a traballar todos e todas xuntos/as contra todo tipo de violencia.

Especial Tarabelo nas ondas sobre o acoso escolar.

 

Día do Libro e SadaDona: Mercado solidario a favor de Médicos Sen Fronteiras

Para conmemorar o Día do Libro realizamos unhas lecturas compartidas entre todo o alumnado do centro. Ademais tivo lugar o mercado solidario de libros en favor de Médicos Sen Fronteiras, SadaDona. A cantidade de diñeiro recadado ascendeu a 382 euros. Grazas a todos e todas pola vosa participación!

Tarabelo nas ondas do mes de abril

Lecturas compartidas

SadaDona

 Proxecto colaborativo SadaDona

 

Día da Educación Física na Rúa 2024

O día 17 de abril celebramos o Día da Educación Física na Rúa 2024, este ano co lema "Educación Física e saúde mental", con distintas actividades lúdico-recreativas que tiveron lugar no Paseo Marítimo de Sada. Na xornada participou alumnado de todos os centros educativos da nosa localidade:  CEIP O Mosteirón, CEIP Pedro Barrié de la Maza, I.E.S Isaac Díaz Pardo, I.E.S O Mosteirón e CEIP Sada y sus Contornos. 

A actividade contou coa colaboración do Concello de Sada na súa organización e a participación de distintos clubs deportivos: Club Taekwondo Sada, Club Atletismo Sada, Club Salvamento Sada,  Sadanza e Karts Manolo. Grazas a todos eles.

Fotos da actividade

Clica na imaxe para ver o vídeo da xornada 

8 de marzo, Día Internacional da Muller

O 8 de marzo conmemorase o Día Internacional da Muller, co obxectivo de acadar a consecución da plena igualdade en todas as súas formas e rexeitando calquera tipo de discriminación ou violencia contra as mulleres e as nenas. Hoxe tiveron lugar distintas charlas dirixidas ao alumnado de educación primaria e impartidas por mulleres que aportaron a súa perspectiva no desempeño do seu labor  profesional e a súa experiencia de vida persoal:

1º e 2º de educación primaria: Charla impartida por María Castro Andrade, condutora de autobús. Ten unha longa experiencia xa que leva 26 anos traballando como condutora no sector.

3º e 4º de educación primaria: Charla impartida por Ana Belén Monteagudo Diz,  doutora  en xenética pola Universidade de Santiago de Compostela.

5º e 6º de educación primaria: Charla impartida por Gabriela Barrero Mata. Voluntaria en Cruz Vermella. Licenciada en arquitectura, traballou en deseño en Venezuela, o se país de orixe.

En educación infantil realizaron actividades de robótica e programación cos Tale-Bot para coñecer as mulleres de Illa Fantasía.

Nos blogs dos distintos cursos estarán dispoñibles as fotos de cada actividade.

Todas e todos contamos

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria participou na actividade incluída no programa de prostostas para os centros educativos de Afundación: Todas e todos contamos.  

A través de diferentes actividades os nenos e nenas participaron do valor da diversidade. Esforzo, empatía, aceptación do diferente, reforzo da autoestima ou respecto son algunhas das ensinanzas desta actividade, impartida por persoas con diversidade funcional.

3º e 4º realizaron actividades circenses mentres que 5º e 6º globoflexia.

 

 

Todas as imaxes da xornada nos blogs de aula.

 

PRIMAVERA DAS LETRAS: LUÍSA VILLALTA

A Real Academia Galega escolleu á nosa escola  para a presentación da edición deste ano do proxecto Primavera das Letras, a páxina web da RAG para achegar ao público infantil á figura que cada ano protagoniza o Día das Letras Galegas, no 2024 Luísa Villalta. A institución presenta cada edición da man da comunidade educativa dun colexio relacionado dalgún xeito coa personalidade homenaxeada,  foi en Sada onde Luísa Villalta exerceu máis tempo como profesora (no IES Isaac Díaz Pardo).

O acto que estivo conducido pola escritora Fina Casalderrey, contou coa presenza do Presidente da Real Academia Galega, de Susana Villalta, irmá de Luísa Villalta e representantes do concello de Sada: o seu alcalde, a concelleira de Deporte, Educación e Xuventude e o concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística. Todas e todos gozamos coa obra de teatro baseada na vida de Luísa Villalta (creada por Xoán Babarro e Ana María Fernández) que o alumnado de 6º de educación primaria do noso centro interpretou. Tamén contamos cun pequeno recitado poético por parte de alumnado do IES Isaac Díaz Pardo.

PÁXINA WEB DA PRIMAVERA DAS LETRAS DEDICADA A LUÍSA VILLALTA

 

Clica na imaxe para ver as fotos da xornada

 Vídeo do acto

 

Plan Director de Convivencia: Charla uso de internet, redes sociais e videoxogos

Entre as actividades programadas pola Comisión de Convivencia do Centro, coa colaboración da Asociación de Nais e Pais,  dentro do Plan Director de Conviencia, o alumnado de 5º e 6º cursos de Educación Primaria participou en unha charla sobre o uso seguro de internet, as redes sociais e os videoxogos. A sesión formativa estivo impartida por Fernando, experto da Garda Civil nestas cuestións.

  

  

 

Festa do Entroido

Debido ás malas condición climatolóxicas non puidemos realizar o desfile polo Paseo Marítimo de Sada, con todo, a xornada estivo chea de disfraces, alegría, orellas, filloas e sobre todo, moita diversión.

Fotos Mandados do Meco

Fotos da festa

 

Mandados do Meco

Na celebración do Entroido deste curso proponse ao alumnado a participación, de maneira voluntaria, na actividade Os Mandados do Meco. Para cada día da semana O Meco realizará unha proposta ao alumnado para que este a cumpra. Os mandandos son acumulables, hai que incorporar o novo ao anterior.

        

Día da Paz

Na celebración do Día da Paz deste curso realizamos o ritual SadaBona, no que compartimos cos nosos e compañeiras as características positivas que todos e todas temos. Despois cantamos a canción Somos unha marea de xente, de Macaco.

Para completar as actividades relacionadas con esta conmemoración estamos elaborando un mural para poñer en valor a diversidade da nosa escola e do noso planeta.

SadaBona: respéctote, valórote, ti es importante para min.

Fotos Día da Paz

 

Fotos mural

 

Vídeo da xornada

Distribuir contido