Actividades

Plan Director de Convivencia: Sesión formativa sobre acoso escolar

Onte visitou o centro Iván Carril, formador da Garda Civil, que impartiu unha sesión formativa sobre o acoso escolar ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria.

Esta sesión forma parte do Plan Director de Convivencia no que o noso centro participa, este programa ten como principal obxectivo responder de maneira coordinada e eficaz ás cuestións relacionadas coa seguridade de menores na escola e a súa contorna.

  

  

Charla deporte adaptado e inclusivo

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria participará no mes de abril nas IV Xornadas de Deporte Inclusivo en Centros Educativos organizadas por ENKI, co obxetivo de realizar unha aproximación á temática da diversidade funcional e o deporte inclusivo.

Como introdución a estas xornadas onte visitaron o centro Ángel e Daniel, deportistas con discapacidade; e Aida,  responsable de ENKI, que compartirón con nós a súa realidade cotiá, a súa experiencia de vida e a súa participación no deporte adaptado.

Imaxes da actividade 6º EP

Imaxes da actividade 5º EP

 

 

RECOÑECEMENTO DE CRUZ VERMELLA SADA AO NOSO CENTRO

O pasado venres, día 10 de marzo, ás 20:00 horas tivo lugar a presentación da memoria anual de Cruz Vermella Sada. 

Durante o acto compartiuse cos asistentes as actuacións realizadas durante o ano 2022 e entregáronse diplomas de recoñecemento ás entidades, organismos ou personas que colaboraron con eles.

O noso centro foi un dos agraciados con esta distinción polas seguintes actuacións realizadas:

  • Limpeza da praia de Sada (alumnado de 3º e 4º de educación primaria).
  • Obradoiros de primeiros auxilios (todo o profesorado do centro e o alumnado de 5º e 6º de educación primaria).
  • Recollida solidaria de alimentos en Nadal.
  • Feirón Ama con Corazón: doazón de alimentos e diñeiro recaudado (2.100 euros que se repartiron entre Cáritas e Cruz Vermella).

Agradecer a Cruz Vermella Sada esta distinción e trasladarlles o noso recoñecemento pola gran labor que realizan no noso Concello e por estar sempre preto de quen máis o necesita.

8 marzo: Día Internacional da Muller

Hoxe celebramos cun acto colectivo o Día Internacional da Muller para reivindicar a necesdiade dunha igualdade real entre homes e mulleres. 

O alumnado de 5º de educación primaria realizou unha coreografía da canción "Depende de los dos". 

Fuerte, valiente, inteligente.

No tiene masculino, no tiene femenino,                          

podemos ser tú y yo.

Feliz, alegre, independiente.

No tiene masculino, no tiene femenino,

podemos ser tú y yo.

¡Depende de los dos!

Clica para ver as imaxes

Baile 5º EP

PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E CIDADANÍA GLOBAL

A Coordinadora Galega de ONGD publicou o pasado 21 de febreiro a Resolución definitiva da Segunda edición do Premio Galego de  Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global co propósito de recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten  unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto. Na mesma, a nosa escola foi premiada na Categoría A (Educación Infantil e Educación Primaria) polo noso proxecto Feirón Ama con Corazón realizado durante o curso 2021 2022.

Información no Portal da Consellería de Educación https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37847 e na páxina dos organizadores https://galiciasolidaria.org/ii-edicion-premio-galego-educacion/

Festa de Entroido

Picasso, Miró, Kusama, Van Gogh...  acompañáronnos na celebración dun Entroido moi artístico. Disfraces, filloas, orellas, pinturas, mandados do Meco e sobre todo moitos sorrisos protagonizaron unha semana de festa e diversión. Clica nas imaxes para ver as fotos.

Vídeo Pasarrúas

Mandados do Meco

  

Festa Entroido

Día da Internet Segura

O 7 de febreiro celébrase en todo o mundo o Día da Internet Segura  baixo o lema nesta edición ‘Xuntos por unha Internet mellor" https://www.incibe.es/sid

Desde o Instituto Nacional de Ciberseguridade organizan en colaboración co Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF)  talleres en liña interactivos co obxectivo de axudar ao alumnado para desenvolver as súas competencias dixitais para aprender a realizar un uso seguro e responsable da internet. O alumnado de educación primaria do noso centro participou nos seguintes talleres:

•Taller en liña para alumnado de 6 a 8 anos: “Crea o teu contrasinal secreto”.

•Taller en liña para alumnado de 9 a 12 anos: “Detecta a fraude en videoxogos”.

Día da Paz: Construíndo un mundo de sorrisos

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a Paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro, no que se conmemora o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Co lema "Construíndo un mundo de sorrisos" na nosa escola realizamos diferentes actividades que tiveron como colofón un bonito acto que contou coa participación de todo o alumnado e profesorado.

Clica na imaxe para ver as fotos

 Vídeo

Plan Director de Convivencia: Novas tecnoloxías

O “Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos” ofrece aos centros a posibilidade de solicitar charlas informativas impartidas por expertos das forzas e corpos de seguridade sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia.

Onte un técnico formador da Garda Civil impartiu dúas charlas sobre novas tecnoloxías ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

  

Museo Cre-Arte: Pintura

Durante este curso escolar o proxecto de centro está dedicado á Arte. No primeiro trimestre cada curso traballou distintos aspectos relacionados coa pintura: pintores (Luis Seoane, Leandro Lamas, Picasso, Munch, etc...) o retrato, a pintura rupestre, experimentamos con diferentes técnicas pictóricas: cos pés, con globos, pompas de auga... 

Finalmente compartimos todo o noso traballo nunhas xornadas nas que percorrimos as salas que cada curso creou e gozamos coas explicacións dos nosos compañeiros e compañeiras.

Vídeo resumo das visitas

Fotografías da xornada

 

Exposicións dos distintos cursos

Distribuir contido