Actividades

Programa TEI: Presentación de titores/as e titorizados/as.

Hoxe foi un día moi especial, o alumnado de 3º de  EP coñeceu aos que van ser os seus titores/ as  TEI  de 5º durante este curso. Coa actividade que realizamos hoxe comezamos a coñecernos e a crear un vínculo que esperamos cada día sexa máis forte e axúdenos a solucionar o pequenos problemas que poidan xurdir ao longo deste curso. Ánimo e felicidades a todos e a todas!

Programa TEI: Entrega de carnés e diplomas

Todos os nenos/as de 5º ofrecéronse voluntarios para ser titores TEI neste curso. Hoxe, unha vez rematada a súa formación inicial, celebrouse na biblioteca do centro o acto do seu nomeamento oficial no que recibiron, como recoñecemento ao seu esforzo e interese, o diploma e carné TEI. A entrega foi realizada pola Concelleira de Educación María Nogareda. Os novos titores/as tamén recibiron as felicitacións e os ánimos do noso directo, Andrés; da coordinadora TEI, Lucía e da súa titora, Noelia. Estamos seguros que todos e todas realizaran unha gran labor. 

Entrega diplomas TEI

Hoxe realizamos o acto de entrega de diplomas aos titores TEI de 5º. A mesma foi realizado polo alcalde de Sada Benito Portela e o noso director Miguel Gayoso. Parabéns a todos/as titores/as pola labor realizado durante este curso.

Actividade TEI: Camiño da amizade

Hoxe o alumnado de 3º e 5º compartiron a última actividade de cohesión TEI deste curso. Realizaron unha saída a praia a ade Gandarío e alí, ademáis de facer uns xogos, lemos as cartas de despedida que cada neno/para escribiu ao seu titor ou  tutorizado.

Traballamos en equipo

Os nenos e nenas de 2º curso de Primaria traballan en equipo para coñecer a importancia da diversidade. As diferencias suman e o importante é comparti cos demais.

Aquí podedes ver o traballo que realizaron.

Padriños lectores

Na semana do Día do libro, os alumnos de 6º ademáis de participar no maratón de contos do Concello, fixeron unhas tarxetas animando a ler para todo o alumnado do Colexio, ademáis de acudir durante tres días a contar contos ás aulas dos máis pequenos no tempo de lectura.

Día mundial do autísmo: Nós comprometémonos.

En Educación Infantil traballamos a convivencia

Dereitos dos nenos e nenas que celebramos o 20 de novembro , aproveitando unhas viñetas de Frato para traballar os conceptos de: igualdade, educación, saúde, protección,…

Mural para o día da Paz, reproducindo a obra de Picasso "El círculo de la amistad" 

Xornada mundial de manifestacións en contra do cambio climático, 15 de marzo, traballamos este tema nas asambleas diarias e tamén como presentación do novo proxecto sobre o Medio Ambiente que imos a facer... aproveitando noticias de prensa e medios dixitais.

Actividade de cohesión TEI: O noso escudo

Onte realizamos outra actividade de cohesión dentro do programa TEI, nela os titores/as e titorizados/as realizaron un escudo para que os representara  como parella: incluíndo as súas calidades, afeccións, desexos...  Coñecer, sentir e compartir para mellorar a nosa convivencia, entre todos/as construímos o noso colexio. Grazas polo voso entusiasmo.

Distribuir contido