Actividades

Nadal

Hoxe despedimos o primeiro trimestre cunha xornada de festa. Realizamos distintas actividades nas aulas, celebramos unha deliciosa chocolatada, compartimos unhas badaladas cun programa do Tarabelo nas Ondas e recibimos a visita dos Reis Magos.

Facede clic na imaxe para ver as fotos desta xornada.

 

Felicitación Nadal

Recollida solidaria de alimentos

Como ven sendo tradicional no noso colexio polo Nadal fixemos unha recollida solidaria de alimentos. Toda a comunidade educativa se volcou doando alimentos para persoas que nestas datas precisan da solidariedade de todos nós.

As entidades que recolleron os alimentos foron a Cruz Vermella e Cáritas de Sada. Os representantes destas asociacións pediron que se trasladara o agradecemento a todos os que contribuíron a esta recollida solidaria.

 

3 de decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O pasado 3 de decembro celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, no noso centro realizamos distintas actividades a partir do conto MONSTRUO ROSA de Olga de Dios para lembrar que todos e todas somos capaces. Aquí tedes uns vídeos nos que os nenos e nenas cóntannos en que son uns mostros.

                                                     Educación Infantil                                                                                 1º e 2º de Educación Primaria

                                  

                                                 3º e 4º de Educación Primaria                                                              5º e 6º de Educación Primaria

                                 

 Monstruo Rosa

25 de novembro: Darlle a volta está nas nosas mans

Na celebración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero partimos dos famosos polbos reversibles para amosar ao alumnado as dúas facetas que pode ter, facendo fincapé na positiva. Elaboramos un gran mural para dar visibilidade a todas as boas accións que podemos realizar coas nosas mans.

Partindo da actividade de ILLA FANTASÍA: Obradoiro de amor “8 Maneiras de AMAR coas túas mans” , cada neno/a fixo coa súa man un polbo ao que engadiu 3 patas máis. Sobre cada unha delas escribimos unha forma de facer o ben coas mans: curar, crear, perdoar, agarimar, axudar… cunha etiqueta de rexeitamento da Violencia de Xénero. Darlle a volta está nas nosas mans.

Clica na imaxe para ver as fotos.

 

Samaín, Magosto e Halloween

Hoxe tivemos unha xornada festiva coa celebración do Samaín, Magosto e Halloween. Realizamos diferentes actividades: desfile de disfraces, exposición de cabazas, magosto, photocall...

Clica na imaxe para ver algunhas das fotos deste día. 

  Vídeo do desfile

Photocall

Sesión formativa: Novas tecnoloxías e redes sociais

O alumnado de 5º e 6º cursos de Educación Primaria asistiron a unha charla sobre novas tecnoloxías. Fernando, formador da Garda Civil, deu consellos sobre unha correcta utilización de Internet, das aplicacións, das redes sociais e dos dispositivos que empregamos. 

Esta actividade completa a charla destinada ás familias destes cursos que tivo lugar o pasado 26 de maio.

CHARLAS INFORMATIVAS SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS E REDES SOCIAIS

Dentro das actividades programadas pola Comisión de Convivencia do Centro, coa colaboración da Asociación de Nais e Pais,  onte tivo lugar no Auditorio da Casa da Cultura de Sada unha charla sobre novas tecnoloxías e redes sociais dirixida ás familias do alumnadao de 5º e 6º de Educación Primaria. A mesma estivo impartida por un experto nesta cuestión membro dos Corpos e Seguridade do Estado.

2 de maio: Día Internacional contra o Bullying

O 2 de maio celébrase o Día Internacional do contra o  Bullying ou Acoso Escolar, co obxectivo de concienciar sobre o risco do acoso escolar e o  bullying nos nenos/as a nivel mundial.

O noso centro centro leva anos realizando unha labor de prevención a través de diferentes actuacións, entre elas o Programa TEI. Aquí tendes un Genially con moitas propostas e un vídeo realizado polo alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Especial O Tarabelo nas Ondas: Día Contra o Acoso Escolar. Clica aquí para escoitalo.

 

Actividade Bosque de Bosquexos

O pasado sábado alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do noso centro participou na inauguración do novo parque infantil de As Brañas pintando as árbores para crear o Bosque dos Bosquexos. Baixo a dirección dun profesional en Belas Artes, realizaron esta obra artística con pintura respectuosa co medio ambiente (é ecolóxica e con  pigmentos naturais).

Clica na imaxe para ver as fotos

Día da Paz: Árbores pola Paz

Na celebración do Día da Paz cada clase colaborou na plantación dunha árbore nunha maceta situada no patio da nosa escola. Cada árbore estaba asociado cun valor, entre todos e todas coidarémolos para que crezan e sexan unha guía do mundo que queremos construír.

Imaxes

 Vídeo 

Distribuir contido