Actividades

25 de novembro: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero e dentro das diversas actividades realizadas, hoxe tivo lugar o acto colectivo no que manifestamos o noso compromiso en prol da igualdade e o rexeitamento de calquera violencia cometida contra as mulleres. SAWABONA: Valórote, respéctote, es especial para min.

Manifesto 

Pica na imaxe para ver as fotos e vídeos da xornada

 

Festa do Samaín, Magosto e Halloween

As castañas, as cabazas, os disfraces e a diversión acompañáronnos na celebración do magosto, do Samaín e do Halloween que realizamos hoxe. Para rematar a xornada realizamos un desfile no que compartimos cos nosos compañeiros e compañeiras toda a nosa alegría nesta xornada de festa.

Clica nas imaxes para ver as fotos

            Exposición de cabazas                                   Photocall                                          Festa     

                                        

PROGRAMA TEI: ENTREGA DIPLOMAS E CARNÉS TITORES/AS TEI

Hoxe tivo lugar a entrega dos diplomas e carnés de titores e titoras TEI ao alumnado de 5º de educación primaria. O acto contou coa presenza do alcalde de Sada, Benito Portela, e a concelleira de educación, Rebeca Mouriño.

O programa TEI é un programa de convivencia para a prevención da violencia e o acoso escolar. Está baseado na titorización emocional entre iguais, o alumnado maior (5º de educación primaria) titoriza emocionalmente aos seus compañeiros de 3º de educación primaria. O resto de alumnado do centro, dentro deste programa, realiza distintas actividades ao longo do curso encamiñadas á mellora da convivencia.

Limpeza Simultánea de praias

ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza,  organiza a XII Limpeza Simultánea de Praias que este ano vaise a celebrar o 6 e 7 de outubro. O que se pretende con esta limpeza é, ver o impacto da acción humana nos nosos areais, e intentar que o mar se leve a menor cantidade de lixo posible antes dos grandes temporais. O obxectivo destas limpezas é eliminar parte dos residuos que están nas praias, así como dar unha chamada de atención sobre esta problemática.

O alumnado de 3º e 4º de educación primaria participou no día de hoxe nesta iniciativa realizando unha actuación de limpeza na praia As Delicias en Sada na que recollemos aproximadamente 10 kg de lixo.

Clica na imaxe para ver as fotos da xornada

Día Mundial da Parálise Cerebral

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria participou no acto de celebración do Día Mundial da Parálise Cerebral organizado por ASPACE  na praza de España de Sada baixo o lema #HeNacidoParaVivirLaVida.

Este ano a campaña centrarase na atención temperá, que debe ser gratuíta e universal, ofrecendo ás persoas con grandes necesidades de apoio a oportunidade de facer o seu propio proxecto de vida.

Primeiro realizamos unha actividade na que plantamos flores nunhas pequenas macetas e despois asistimos ao acto institucional que se celebrou.

PROXECTO CRE-ARTE: VISITA AO MUSEO SADA Y SUS CONTORNOS

As portas do Museo Sada y sus Contornos abréronse no día de hoxe a toda a nosa Comunidade Educativa para que coñeceran o traballo realizado durante este curso escolar no Proxecto Cre-Arte. As aulas da nosa escola convertéronse en salas dun Museo no que contemplar cerámicas de Sargadelos, pinturas de Lugrís, Van Gogh, Munch, Leandro Lamas, Yayoi Kusama, Miró, máscaras africanas, edificios en 3D, arquitectura de distintas etapas históricas... En definitiva, unha xornada para gozar coa arte e coas creacións realizadas polos artistas que son os nenos e nenas do noso colexio.

O museo contaba tamén cunha tenda na que adquirir algunhas das creacións realizadas polo alumnado.

No acceso ao Museo podíase adquirir, de modo voluntario, un boleto para participar non sorteo de 5 figuras do colexio creadas en 3D. Por cada euro achegado entregábase un boleto. 

Todo o diñeiro recadado será doado á Fundación de Investigación CRIS CONTRA O CANCRO, unha organización independente, sen ánimo de lucro e dedicada por completo ao fomento e desenvolvemento da investigación para eliminar o grave problema de saúda que representa o cancro https://criscancer.org/es/   información para as familias

O diñeiro recadado entre as aportacións voluntarias das familias e a venta dos produtos na tenda do Museo ascendeu a un total de: 1.340 euros.

Os números premiados no sorteo realizado son:    90   158   222   242   397

Clica na imaxe para ver as fotos deste día

Aquí teñen toda a información sobre a organización e características da xornada.

   

 Ingreso realizado

Graduación alumnado 6º de educación infantil

O venres, día 16 de xuño, celebramos a graduación do alumnado de 6º de educación infantil. Para celebrar este acontecemento os nenos e nenas de educación infantil prepararon distintas actuacións musicais e incluso unha obra de teatro. Ademais, o alumnado de 1º de educación primaria deulles os mellores consellos para afrontar a nova etapa que comezarán o vindeiro curso. Foi unha xornada de festa e celebración na que todos e todas pasámolo moi ben.

Clica na imaxe para ver as fotos e vídeos

Proxecto Cre-Arte: Arquitectura

O mércorés, día 14 e o xoves, día 15 realizamos a exposición do traballo realizado durante o 3º trimestre relacionado sobre a arquitectura. Os faros de Galicia, construcións de distintas épocas históricas, edificios creados con diseño 3D, a arquitectura de Exipto, as nosas casiñas... fixeron as delicias de todos e todas. Grazas ás explicacións recibidas en cada sala do Museo aprendemos moitísimas cousas sobre a arquitectura e a súa evolución.

Vídeo resumo da xornada

Fotos das visitas

Día Internacional Contra o Acoso Escolar

A prevención da violencia e do acoso escolar é un dos eixos principais da nosa escola. A través de distintos programas e actividades desenvolvemos gran cantidade de actividades encamiñadas á consecución do noso obxectivo. Co gallo do Día Internacional contra o Acoso Escolar, que se conmemora o 2 de maio, traballamos de xeito específico está problemática a través da lectura de distintos libros e lecturas compartidas.

Aquí podedes ver as recomendacións

Educación Infantil

1º e 2º de Educación Primaria

3º e 4º de Educación Primaria

5º e 6º de Educación Primaria

Dentro do Programa TEI o alumnado de 3º e 5º, nunha actividade de cohesión, traballou de xeito especial a temática. 

Mensaxe do alumnado de 3º e 5º de Educación Primaria

Ademais dentro do programa ‘Somos Únic@s’, da Fundación ColaCao, que ten como obxectivo loitar contra o acoso escolar a través de dinámicas participativas, o alumnado de 4º e 6º de educación primaria participou nunha charla con xogo interactivo para sensibilizar sobre a importancia de loitar e prevenir estas situacións.

Clica na imaxe para ver as fotos da actividade

Padriños lectores e madriñas lectoras

Para rematar as actividades relacionadas coa conmemoración da Semana do Libro xuntámonos no patio ao redor dos libros. Os nenos e nenas maiores convertéronse en padriños e madriñas dos máis peques e xuntos compartiron distintas lecturas.

Clica na imaxe para ver as fotos

 

Distribuir contido