Actividades

2 de maio: Día Internacional contra o Acoso Escolar

Hoxe celébrase o Día Internacional contra o Bulling ou Acoso Escolar co obxectivo de erradicar a violencia e o acoso entre os estudantes de todo o mundo para conseguir escolar seguras nas que todos e todas podar crecer nun clima de respecto e tolerancia.

Celebramos o concerto A voar! de Cé Orquestra Pantasma para que todas as emocións positivas que xera a música sexan as que empreguemos á hora de relacionarnos na nosa escola. 

Aquí podedes ver algunhas imaxes e vídeos

Compartimos un Genially no que atoparedes  información sobre o acoso, vídeos, libros e un xogo elaborado por Oliva e a aula de 3º de Educación Primaria  sobre os  valores contra o Acoso Escolar. Tamén un vídeo resumo das actividades TEI realizadas.

Día do Libro: Obradoiros de reciclado de papel

Para conmemorar o Día do Libro, que se celebra o 23 de abril, todo o alumnado do centro participou nuns obradoiros de reciclado de papel da man do persoal de Matrácala Actividades lúdicas e educativas.

Cada neno/a elaborou persoalmente a súa peza, recolleron na súa composición o que lle transmite a lectura ou os libros co obxectivo de decorar o noso recuncho de resolución de conflitos e de Paz. Fabricaron papeis a partir de desfeitos de cartón, papel reciclado e tintas naturais. O remate da tarefa consistiu nun lacrado do realizado.

Aquí podedes ver algunhas das imaxes da actividade (nos blogues dos diferentes cursos hai máis dispoñibles).

 

Especial O tarabelo nas Ondas Día do libro

Día Mundial de Concienciación do Autismo

Baixo o lema «Unha feliz viaxe pola vida», a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022, que se celebrou o pasado 2 de abril,  pon o foco no dereito das persoas con trastorno do espectro do autismo ( TEA) e as súas familias para gozar dunha vida feliz. O noso centro participou das actividades propostas para sensibilizar sobre a necesidade e importancia deste dereito.

Nos blogs dos diferentes cursos e no do Departamento de Orientación están dispoñibles algunhas das actividades realizadas.

Día Global por Ucraína

Seguindo a convocatoria realizada por Anmistía Internacional o noso centro participou na iniciativa Día Global por Ucraína. Realizamos unha concentración na que cada neno/a portaba un xirasol, flor nacional de Ucraína, en apoio á poboación deste país e lemos un manifesto de rexeitamento á guerra provocada pola invasión que está padecendo.

Podedes ver o vídeo e as imaxes da actividade

 

Plan Director de Convivencia: Acoso Escolar

O “Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos” ofrece aos centros a posibilidade de solicitar charlas informativas impartidas por expertos das forzas e corpos de seguridade sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia.

Onte Fernando, formador da Garda Civil, impartiu tres charlas sobre o acoso escolar: dúas para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e outra para as familias que tivo lugar ás 18:00 horas no salón de plenos do Concello de Sada.

       

             

     

            

Día da Muller: Xincanas pola Igualdade

Dentro das actividades organizadas para conmemorar o Día da Muller o centro organizou a realización de xincanas pola igualdade con todo o alumnado o luns 14 e o martes 15 de marzo.

Cada curso participou de xeito independente nunha actividade temática para concienciar na igualdade de xénero e na prevención das violencias machistas. Fixemos xogos, dinámicas, probas e entretementos desde un punto de vista positivo e optimista.

Facede clic na imaxe para ver algunhas das fotos destes días.

 

Festa de Entroido

No día de hoxe  celebramos a festa de Entroido cun desfile polo Paseo Marítimo de Sada e actuacións no noso colexio.

Aquí tedes as imaxes e vídeos desta xornada festiva.

  Vídeo desfile

Vídeo actuacións

Charla alimentación saudable

Hoxe a nosa Comunidade Educativa tivo a sorte de contar coa colaboración da Asociación Española Contra o Cancro. Da man de Rosa, tivo lugar unha charla informativa telemática para reflexionar sobre a importancia de educar nunha alimentación saudable para os nosos rapaces e rapazas e favorecer así o seu axeitado desenvolvemento persoal. 

 

Aumentar o consumo de froita, verduras, lácteos e reducir alimentos ultraprocesados no día a día, xunto coa práctica de exercicio son o camiño para fomentar hábitos saudables. E se facemos partícipes aos pequenos na elaboración dos propios almorzos, temos o éxito asegurado. 

Programa Snack Lab

O noso centro participa no programa promovido pola Asociación Española Contra o Cancro "Snack Lab". O obxectivo é fomentar o consumo de  snacks saudables entre o alumnado da nosa escola.

Onte contamos cunha responsable do programa que explicou ao alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria a importancia dunha alimentación saudable e de como podemos conseguila.

O vindeiro luns 14 de febreiro ás 16:00 terá lugar unha sesión formativa telemática dirixida ás familias do noso centro para explicar dito programa. O enlace remitirase ao correo electrónico do alumnado e a través de AbalarMóbil ese mesmo día.

Día da Paz: Cultivamos a Paz

Celebramos o Día da Paz recitando, cantando, bailando... A actividade principal consistiu na elaboración dun recuncho de paz, calma, resolución de conflitos, mediación... permanente para a nosa escola. Para Cultivar a Paz neste reuncho creamos unha árbore con materiais de reciclaxe.

Facede clic na imaxe para ver as fotos deste día. 

 Vídeo da xornada

Máis fotos e vídeos nos blogs de cada curso.

Distribuir contido